O dilema ético cando visitas Auschwitz

Potentísima mensaxe de Nuria Espasandín falándonos sobre certas rutinas cuestionables nas visitas a monumentos históricos. Nestes dous minutos fálanos das persoas que, sen meditar sequera sobre a moralidade do seu acto, deciden tomarse selfies no campo de concentración de Auschwitz sorrindo xunto aos enseres de aseo requisados aos prisioneiros, fronte a un muro no cal foron fusilados milleiros de seres humanos, ou mesmo xunto aos zapatos dos nenos gaseados que foron acumulados en vitrinas e se expoñen no museo. Imposible non deterse a reflexionar sobre o tema que nos prantexa.

Déixovos por aquí a galería das 21 fotografías coas cales intentei resumir a miña experiencia na visita aos campos de concentración de Auschwitz I e Auschwitz II – Birkenau.

Auschwitz: O fracaso humano

Youtubeiros por Ourense

Este venres ás 20 horas celébrase a gala de entrega de premios de “Youtubeiros e Youtubeiras”, unha creación de @IllaBufarda coa iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.  Continúa leyendo Youtubeiros por Ourense