Saír á rúa é o cambio

E o país no que resido actualmente é a proba disto. En Polonia, fai tres anos, tan só un 18% da poboación se declaraba favorable ao aborto legal. A día de hoxe, esta cifra supera o 50%.

NURIA POST ADALID

É certo que durante anos eu mesma tiven unha actitude reacia ás manifestacións organizadas. Creo que a legalidade das mesmas fai que perdan a súa forza e a súa gracia. O feito de que o goberno deba darnos permiso e acotarnos o espazo e as horas nas que podemos loitar paréceme frustrante. Sen embargo, vivimos en sociedade e é a maneira que temos. E dende fai un ano teño claro o útil que resulta.

E entender que a loita segue despois destas manifestacións é chave. Grítase nas rúas, pero tamén cos nosos actos diarios, con cada letra que escribimos, con cada símbolo que portamos. A loita e o activismo van da man e é preciso que así sexa.

Resúltame complicado entender a política, o activismo e o Dereito por separado. Considero que son tres piares necesarios para construír unha base forte para a sociedade. Precisamos dicir en voz alta o que pensamos e que quen nos representa nos poida representar.

O pobo debe ser oído. Os dirixentes deben prestar atención, pero temos que gritar se non nos queren escoitar.

Ademais, hai moita xente aí fóra que pensa moitas cousas, pero non atopa a forma adecuada de dicilas. Ou non atopa a forza para defendelas en voz alta. Necesitan un empurrón. Precisan ver a persoas que crean no que eles cren e que teñan a forza precisa para gritalo. Debemos presentarlle á poboación as solucións que os seus políticos non lles están deixando ver. Que existen. Para cada problema sempre hai unha solución. E debemos buscala.

E hai que axudar ás persoas que non ven o problema (normalmente, porque non o sofren) que este problema existe e que debemos ser empáticos e velar pola vida e liberdade de todos os nosos co-cidadáns.

A soberanía reside en nós, pero debemos facela valer.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.