Pode un político que non pertence a unha minoría representala?

Lonxe do que ás veces poida pensar a maioría, si. Rotundamente si.


É máis, creo que é o que debería facerse. Un político está ocupando un posto de goberno para representar ao total da súa poboación e non é preciso que pertenza a todos e cada un dos grupos dos que esta poboación poida estar formada, pero si que é preciso que teña a empatía e dispoción precisa para intentar representar, da mellor maneira, os intereses de todos os seres humanos do seu territorio.

Entón, ante a pregunta Pode un político que non pertence a unha minoría representala? a resposta debería ser si. Os dereitos das minorías deberían estar reflexados, así como os seus intereses, nas leis polo simple feito de que formen parte da poboación. E o lexislador debería atender a esa realidade. Porén, toda esta resposta está escrita en condicional porque, aínda que debería, non é así. A maioría de persoas acomodadas que ocupan o poder lexislativo (homes, brancos e de clase media-alta) non teñen a empatía precisa para entender a situación real do territorio que gobernan nin de todos e cada un dos seus habitantes. E isto é un problema grave, porque nos vemos ante leis que están creadas dende un único punto de vista, creando graves problemas para a poboación que non encaixa co prototipo para o que se creou esa lei. E, normalmente, ninguén encaixa ao 100% cun concepto creado para aplicarse a todo o mundo. Somos diferentes e o noso lexislativo debería entendelo.

No momento no que unha persoa decide dedicarse á política e representar á poboación de certo territorio, debe deixar os seus propios intereses ao marxe. A súa condición tamén. Obviamente, non se pode deixar completamente de lado a condición humana de cada un de nós. Somos escravos do que vivimos e da nosa realidade. Pero debemos intentalo na maior medida posible.

Por iso, persoas con visións diferentes e pertencentes a outras realidades sociais deben entrar en política e facer ver a quen está aí que se está equivocando, que a realidade é moito máis ampla e hai moitas máis visións. Debemos heteroxeneixar o Parlamento, para que a creación da empatía e o entendemento das diferencias sociais se poida facilitar. Ergo que as leis sexan moito máis inclusivas.

E, ademais, todas as persoas que o desexen deben entrar na política porque queren formar parte da toma de decisións. Queren sentarse na mesa de decidir, da que foron apartadas durante tanto tempo. Igualdade e empoderamento como máximas na vida e funcionamento da sociedade.

Sen embargo, unha vez poñemos a empatía no xogo (o valor máis elevado do mundo e o máis necesario, dende o meu punto de vista) todo é moito máis fácil e non, non precisamos que cada minoría estea representada no Parlamento. Precisamos que a xente entenda que esas minorías existen. Necesitamos a políticos que entendan as necesidades de todas e cada unha das persoas que forman parte da súa poboación. E precisamos que se creen políticas adecuadas para todos e cada un de nós. E isto pode facelo un home, branco e rico, pero coa mentalidade o suficientemente aberta para entender as necesidades de todos.

E, de todos modos, o feito de ter un grupo heteroxéneo facilita moitísimo esta labor. É moito máis fácil empatizar con alguén que está explicando o seu propio caso. Precisamos a persoas que loiten polos seus casos. Que nos expliquen todo aquilo que non entendemos, que os demais non vivimos.

Debemos comunicarnos máis e preocuparnos máis polos nosos veciños.
Se queremos crear un mundo mellor para todos, debemos entender que é o que cada un precisa.

Un exemplo claro de que un grupo non ten que estar representado no Parlamento para que se vele polos seus dereitos son os nenos. Nunca formaron parte do lexislativo, nin é probable que algún día cheguen a facelo. Porén, son os seres humanos máis protexidos polas leis. E isto é porque fomos capaces de entender a vulnerabilidade dos mesmos e as necesidades especiais deste grupo de seres humanos. E fomos capaces de lexislar en atención a isto. Só queda extrapolar isto a cada grupo, a cada realidade. Na súa media e coas súas particularidades.

Non todo o mundo ten que estar no Parlamento, pero si debe velarse polos dereitos de todos no mesmo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.