Do día no que a democracia española fallou – por Nuria Espasandín

Por Nuria Espasandín*

Fai exactamente un ano, a miña mente fixo “click”. O meu goberno decidiu apalearme.

1octubre.JPG

É certo que non fisicamente, pero fíxoo. Fai exactamente un ano, o goberno dun Estado democrático decidiu apalear a parte da súa poboación porque quería falar. Apaleounos porque non quixo respectar o noso dereito á liberdade de expresión. Apaleounos porque tiña medo dun pobo que quere a súa liberdade e ten voz para pedila. E cada golpe a calquera cidadán, é un porrazo á liberdade. Cada golpe das forzas de seguridade do Estado a calquera de nós, é un golpe a todos e cada un de nós.

Non vou entrar na discusión independista, que prefiro deixar ao marxe neste asunto, porque non é relevante. Vou entrar na discusión democrática: porque me da exactamente igual quen sexa de dereitas ou de esquerdas, independentista ou non. Fai un ano atentouse de cheo contra os dereitos humanos da poboación española e todos temos responsabilidade niso, porque ao final, todos demos a orde. Todos o permitimos.

Fai un ano que demos corenta e dous pasos atrás. Un por ano. Fai un ano que volvemos de cheo ao fascismo, sen culto ao líder. Por agora. Esquecémonos de que a oposición política é tamén parte dun Estado democrático. Enchémonos a boca falando dos outros. Non nos explicamos o que pasa ou pasou noutros países e como o permitiron. Como puideron os alemáns seguir a Hitler e permitir todos os crimes que se perpetraron no seu país? Admito que España está bastante lonxe (actualmente) do maior crime da Humanidade, pero apunta maneiras e a xente secúndaas.

Queridas persoas amantes do artigo 155 da Constitución Española de 1978, invítovos a que leades os outros 168. E, especialmente, a definición de democracia e todo o que un Estado democrático con tantísimos tratados internacionais ratificados significa. Hai vida antes e despois do 155, pero con el e da maneira que se empregou a democracia tumba. Déixovos a Declaración Universal de Dereitos Humanos das Nacións Unidas de 1948 como lectura recomendada. E ratificada, claro.

O diálogo e a paz non forman parte da esfera por casualidade. Son a consecuencia lóxica da nosa sociedade. É a nosa tarefa encargarnos de que funcionen.

Dalgún xeito, sinto que isto tamén é responsabilidade miña. De todos e cada un de nós. Un gran xenio dixo algún día que aquel que ten o privilexio de saber, ten o deber de actuar.

Eles son os que gobernan, pero non debemos esquecer que a soberanía reside no pobo.

*Nuria Espasandín é xurista graduada pola Universidade da Coruña

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.