Etiquetas

, , , , , ,

M. Rajoy non da feito. Xa nos deixou claro na súa benvida a este ano 2016 (?) que o lapsus vai ser un dos seus recursos predominantes. Así, a primeira gran entrevista nun medio de comunicación (Onda Cero)  convertiuse no escenario dun parloteo absurdo máis propio dunha escena dos Monty Pyhton que dunha entrevista ao líder dun país. E entre lapsus e respostas inconexas, séguese a construír a imaxe campechana dun presidente que inspira máis tenrura que respecto. A imaxe dun pobriño.

14055321119484

O problema da repetición excesiva de certos acontecementos é a súa normalización. Explícome. Se unha civilización sofre un gran tornado despois de 250 anos de calma, o shock é insalvable. As infraestruturas destrózanse, os danos son catastróficos, os mortos multiplícanse exponencialmente, e as secuelas duran décadas. Se, por contra, un país sufre cada mes a chegada dun gran tornado, co tempo a xente quítalle importancia. As construccións adáptanse a este tipo de fenómenos meteorolóxicos, creanse protocolos de evacuación e medidas preventivas. E o tornado convírtese nun elemento da vida normal. É como compar a reacción ante a chuvia dunha persona de Santiago de Compostela coa doutra no centro mesmo do deserto do Sáhara. Ben distinta, non si? Pois con Rajoy pasa o mesmo. Temos tan sumamente interiorizada e asumida a súa torpeza dialectal, a súa incoherencia e os seus lapsus, que pode meter catro na mesma entrevista e que as cousas sigan coma se nada. Que o que faría dimitir a calquera outro líder europeo, ao noso lle faga rir. E nós coma quen oe chover. Por que? Porque temos normalizado a Rajoy. 

Xa non nos chama a atención que nos diga que non entende de dispositivos policiais –a pesares de ter sido Ministro de Interior– ou que as diferencias salariais para o mesmo traballo entre homes e mulleres son algo sobre o que declarar: “No nos metamos en eso”.

De feito, e en relación con este tema, o artigo 35.1 da Constitución Española dí, literalmente: “Todos los españoles tienen el deber de trabajar y el derecho al trabajo, a la libre elección de profesión u oficio, a la promoción a través del trabajo y a una remuneración suficiente para satisfacer sus necesidades y las de su familia, sin que en ningún caso pueda hacerse discriminación por razón de sexo”É curiosa a facilidade coa que o Partido Popular invoca o artigo 155 dese mesmo texto cada día, en cada tertulia, coa boca chea, para despois pisotear de forma tan flagrante o artigo 35. E falo en clave de partido e non a nivel individual tamén pola resposta destas deputadas do PP ao comentario do presidente do seu partido sobre a fenda salarial, que ben parece a profesión solemne dun voto monástico cara o seu líder, disfrazado, iso si, na máis que manida disciplina de partido. Atención á comunicación non verbal nesta reacción á pregunta da xornalista de La Sexta por parte destas deputadas do PP.

En definitiva –e deixando un pouco de lado o recoñecemento de forma explícita por parte de Rajoy da “República catalana”–, cústame imaxinar a José Luis Ayllón (xefe de Gabinete do presidente do Goberno, cargo antes desempeñado por Jorge Moragas) reunido co resto de responsables de comunicación do partido tirándose dos pelos por esta intervención de Mariano en Onda Cero. Cústame, en definitiva, porque non é a primeira (nin será a derradeira) vez que sucede, e nós, o Gran Público, xa temos normalizada esta actitude. E o votante do Partido Popular máis que ningún outro. Obviamente que existe un sector crítico inmenso con respecto á incompetencia do presidente, pero o que importa realmente é que, cando chegan as citas electorais, os votantes refrendan unha e outra vez a este home, condonando os seus desfalcos, as súas meteduras de pata e as súas carencias como líder. Normalizando a Rajoy.