Etiquetas

–Avó, xogamos?

–A que queres xogar?

–Coa consola. Á Mario Kart.

–Veña. Ainda que eu tiña preparadas unhas caixas de cartón para facer unha casa.

O rapaz, que ten catro anos pero unha madurez sorprendente, fixou a mirada no teito e dixo: “–Está ben. Facemos primeiro a casa”.

Coa axuda do precinto ensamblar as paredes e o teito foi ben doado. A casa amosaba un aspecto desmendrellado, cousa que lle gustaba moito ao cativo. Logo metemos dentro dela un pupitre pequeno, unha mesa redonda, cadeiras e, sobre todo, papel e un estoxo xigante no que gardabamos un feixe de ferramentas para o debuxo, a pintura, a escrita e os traballos manuais. Desta volta eu desenvolvería o rol de alumno un pouco chiveta, acusando a compañeiros invisibles de me facer falcatruadas varias e o meu neto satisfacía a súa tendencia mandona, repartindo castigos a discreción. Xa me encargaba eu de ir modulando a súa tiranía, sen afectar moito á súa boa capacidade asertiva.

Xogamos un pedazo a recrear o mundo da escola, ate que, logo dun silencio pouco inhabitual, o meu neto volveu mirar ó teito e dixo:

  • Que che parece se metemos a consola dentro desta tenda de campaña.

Naquel intre tomei conciencia de que o rapaz estaba a facerse maior. Xogamos ao Mario Car dentro da casa de cartón.

caja-de-carton-13

             © imagen: aeioutururu.com