Etiquetas

,

Que estará a facer a CIA agora, en que lugar seguen a sementar os servizos de “intelixencia” dos EE.UU. as uvas da ira, a conspiración, a guerra, a destrución mortal para estender despois os chupóns da hidra que aseguran os beneficios dos oligarcas -dentro do Sistema de valores que os leva a progresar, a perpetuarse e mesmo a ocupar o despacho oval- namentres eiquí discútese sobre puerilidades partidistas intestinas.

Descúlpase o Premio Nobel da Paz, Obama, na súa despedida como presidente por non ter cumprido tódalas súas promesas electorais. Detrás delas, todas visibles, está o outro quefacer escuro que non cesa: o espionaxe, o armado ate os dentes dos aliados inicuos e ocasionais, a introdución de elementos desestabilizadores para derrubar gobernos e establecer outras alianzas vantaxosas, a semente da mentira, o asasinato de opositores, o terrorismo fiancieiro e monetario, a aplicación perversa do proteccionismo, a destrución do medio en territorios alleos, a manipulación do clima como arma de guerra…

Que andará a facer agora a CIA. Tic, tac, tic,tac… namentres camiñamos cara á destrución da especie, (algo vergoñento e indesexable pero sen dúbida beneficioso para o planeta) eiquí seguimos a falar de nimiedades partidistas intestinais alleas ao benestar das persoas. É parte da manobra de distracción sobre a que se cimenta o Poder.

 

 

images

© Actualidad.rt.com