Ainda non me rexo coa emoción. Tivo que ser un acto emotivo o que conseguira facilitar o encontro: a inauguración dos ratriatos de Francisco Vázquez e Javier Losada.

Pero o verdadeiramente salientable foi a escenografía que rodeou o descubrimento da pintura que representa ao republicano Paco Vázquez imbuido dunha aureola de santidade, co seu uniforme de embaixador da Santa Sede, e que vai figurar por sempre na nómina de Rexidores egrexios dunha institución que, nembargantes, é, por Lei e por definición, aconfesional.

Paco Vázques, embutido no papel de homenaxeado, afirmou que o acto chega tarde, pero que “nunca es tarde si la dicha es buena”. Desexaba o baño de multitudes en vida. O mesmo lle pasou a Xaime, o da pala sinco-sinco do noso equipo de excavacións. Denantes de ingresar no Chuac para non volver sair –como el xa era sabedor- pediu que se reproduciramos con masa da boa unha gran cajada no medio da eira, para que todos os veciños de Santa Comba que pasaban por alí lembraran que sempre facía de ventre tras dunha loma cando o xefe ía por tabaco.

D.E.P. Os seus vintetrés anos como retroexcavador e as seis veces que ascendiu, desde pinche a maquinista, foron inolvidables. El non dispuxo dun destino dourado en vida e agora, se cadra, vai telo xa de morto.

 

 

hd21c5f2_1© La Voz de Galicia