Etiquetas

, , ,

 

A crise do Partido Socialista e de conflictos de poder no seu seo pero tamén, e no inicio, de desideoloxización. O espectáculo de baróns e expresidentes e exministros, á vista dos resultados sucesivos, que anuncian caída libre, nos comicios tratando de cortar a cabeza de Sánchez resulta patético e paradóxico pos canto esa tropa representa a facción do “partido socialista” que migrou cara o Neoliberalismo e a plétora, ao abeiro da oligarquía que enche os seus bolsiños nuns casos e ofrece facelo noutros.

Se Sánchez tivera sido fiel aos principios do Socialismo desde o día despois do 20D, como fai agora para tentar gañarlle o pulso aos traidores neoliberais, tería que ter feito o primeiro achegamento a Podemos, dentro da mesma concepción respecto do sustancial, e non a Cidadáns, que só discrepa do PP no uso de instrumentos para loitar contra a corrupción e mais nada. Ese gran bloco de votantes do PSOE que viron como o seu partido subvertía os valores da esquerda deixaron de ir ás urnas, e non contemplaron tampouco ceder o voto a outras opcións de esquerdas nun exercicio de egoísmo que mesmo propiciou o arrasamento de Feijoo en Galiza.

Queda un terceiro bloco no PSOE, representado estes días por manifestos de notables en diversas áreas: cine, espectáculos, literatura, ciencia, periodismo… que avogan pola vía de integrar a todos con tal que non goberne o PP, esquecendo de novo as diferencias irreconciliables entre un partido que practica o odio á diversidade e a periferia –C’s_ e o resto das formacións para a alianza contra o PP. Isto, vindo de quen ven, xente de grande talla intelectual, e aínda máis chamativo e a proba meridiana da DESIDEOLOXIZACIÓN do Partido Socialista.

Por todo ilo, o órdago de Sánchez tentando recargar o seu liderazgo a partir da volta ás raíces e pricipios socialistas ten nestes intres un valor descomunal, iniciático. De este pulso saíra ou un Partido Socialista refundado sobre as bases –logo deturpadas- que o levaron no seu día a gobernar con maiorías absolutas ou, pola contra, un partido de centro dereita, coaligado en primeira instancia cos intereses da banca e o gran capital, e diferenciado da dereita pura e dura só no que atingue á porcentaxe dos orzamentos destinados a intervención social, concebida xa como un amortiguador hipócrita das situacións de pobreza derivadas da acción política.

 

1475042898_111590_1475056564_noticia_fotograma

©Diario el País

“Sánchez me dijo que se iba a abstener. Me siento engañado”.