O peso dos detalles

Eu pensei que quería apostatar porque todas as miñas experiencias e toda a información que tiña da institución humana da Igrexa Católica abondaban na idea dunha estrutura de poder, amparada na infusión do medo e aliada coa oligarquía opresora e cos seus brazos armados. Os testemuños do meu pai, represaliado polos golpistas que o alistaran á forza, eran meridianas: o sacerdocio axudando á bicha fixista, amparando a explotación e impedindo a evolución dos valores.

Sen embargo antonte soñei, aproveitando os descansos da teletenda, e redescubrín o peso dos detalles. Do disco duro da miña memoria recuperei imaxes de cando o Arcebispo de Bilbao nos administrara a Confirmación aló polo 1966 nun escenario castigado de xeito especial polo Franquismo e cunha herdanza na forma de lavado de cerebro e remoción do xuízo moi especiais.

No meu soño bicaba aqueles aneis que rebentaban os dedos tegumentarios do prelado reboludo e untuoso que viña a revisar o rendemento dunha facenda eclesiástica traballada con peonadas gratuitas. A súa viaxe reforzaba, a través das beatas aliadas, unha omnipresencia do dogma e a necesidade do sometemento á lei divina nun territorio que viña amosando signos, preocupantes para o párroco e para a garda civil, de certa laxitude nos costumes e nos usos, páganos de máis e con sinais dun retorno ao laicismo que podía supor unha ameaza a longo prazo para a chusma clerical. Toda a escenografía daquela comida pantagruélica prolongada durante horas era Felliniana. Incluídas a borracheira e as vómitos dos sobriños do cura, aqueles sicarios do dogmatismo que se chibaban cando fuxíamos dos exercicios espirituais. A un deles aproveitei para jindalo no camiño a Somoza con dúas hostias sen consagrar.

Non sei porque falo da Igrexa. Prometera ignorar a esta mafia -con honrosas excepcións nas súas filas dignas de admiración- responsable de tanta dor, sufrimento, inxustiza social e xenocidios. A estrutura económica do Vaticano, encriptada pola gran banca europea, ten sido manexada por una cúpula escura da que se deixa fora ao Papa, se e preciso literalmente a través do asasinato. Os negocios nos que invisten parte dos recursos contradiín os dogmas que defenden. As beatificacións seguen unha liña de coherencia que deixa fora da santidade a grandes altruístas e ensalza mesmo a torturadores ou instigadores da desigualdade no nome da fe.

Pero como dicía non vou falar da Igrexa nun longo espazo de tempo. Polo menos namentres non vexa avances necesarios para que o profeta cuxa sangue din venerar non se sentira avergoñado da deriva que tomou a Institución Apostolar. Avances tales como:

  • Dar o protagonismo compartido á muller na sociedade
  • Respecto á pluralidade no xeito de vivir o amor e o sexo
  • Deixar de condear o pracer polo pracer
  • Respectar o dereito á planificación familiar e quitar do catálogo de pecados a utilización dos avances para previr o contaxio de ETS
  • Someter aos membros da Igrexa delincuentes á Xustiza Ordinaria
  • Deixar de apoiar a aqueles que, coas súas políticas, defenden e instalan a explotación do ser humano, a desigualdade e a indignidade.
  • Desfacerse das súas inxentes riquezas, obtidas en concertos con Estados aliados, como pago á súa contribución á despolitización da poboación, e obtidas tamén coa explotación da base da pirámide eclesiástica na tarefa de manter o goteo de aportacións mesmo desde as capas máis humildes. Xoan Paulo I foi envelenado por querer meterlle man ao Banco Ambrosiano, accionista maioritario mesmo dunha grande multinacional dos preservativos namentres a Curia viña condenando o uso do condón en África. A renovación da Institución eclesiástica, se quere recuperar os principios iniciáticos, pasa por expulsar da xerarquía aos fariseos que mercadean coas Fes.
  • Acabar co trato de favor a Reis e “notables” na forma de bulas, anulacións de matrimonios esgrimindo non consumación, e outros privilexios varios.
  • Deixar de manipular a Historia, de xeito torticeiro. Recoñecer a María Magdalena como a esposa de Xesús e ao carpinteiro como o seu pai.
  • Desterrar o sectarismo nos procesos de beatificación. Mesmo ten a ousadía a Igrexa de nomear santos a asasinos se o foron na “defensa” do cristianismo e sen embargo excomunga a teólogos da liberación ou a curas proletarios.
  • Castración química da lexión de pederastas reincidentes e inducidos pola privación da convivencia íntima. Una privación anacrónica e inmotivada. ¡Como se o sacerdocio apostólico fora incompatible cunha vida de relación plena e equilibrada!.
  • Acabar coa semente do temor de Deus e a culpabilidade espallada urbi et orbe pola tortura e crucifixión de Xesús. ¡Eu non fun! Tampouco nin eu nin o meu entorno teñen tomado parte no asasinato de centos de miles de nenos, en Siria, Afganistán, Iraq, África, violados e desmembrados diante da mirada dos seus pais que logo son torturados e tamén asasinados. Millóns de persoas que sufriron a iniquidade e a tortura máis perversa e vil e que non teñen quen os recorde, nin foron abrazados cun sudario porque non había tampouco para eles máis sepulcro que as cunetas ou a fosa común. O suposto valor engadido do sufrimento de Xesús está no feito de ter renunciado a que o seu pai Todopoderoso o salvara. Deixando a un lado a figura de Xesús, que non ten culpa de tanta manipulación, desa súa suposta asimilación feita carne co Creador non temos outra constancia de que se trata dunha construción do imaxinario humano, como tamén o son a Biblia, o Novo Testamento ou as Táboas da Lei. Na entrada ao Polígono Industrial de Guitiriz hai unha humilde estatua que pasa desapercibida. Honra a memoria da muller do Gobernador Civil de A Coruña, torturado e asasinado polo Glorioso Alzamento Nacional por tentar defender o orden constitucional. Pois ben, o grao de asañamento coa súa muller foi dunha magnitude inconmensurable, como o de tantas vítimas inocentes do xugo fixista e do terror de calquera signo, que para o caso na maldade superlativa todos os que a practican se igualan, en todo o mundo. Pero en torno aos oprimidos inocentes que viron e ven truncadas as súas vidas, en moitos casos despois de padecer torturas salvaxes, con independencia do seu legado, non se constrúen Relixións erixidas en experiencias de éxito cada día. É unha cuestión cíclica, de Marketing Maior, que atendendo a unhas coordenadas repetidas entre épocas, copiadas dunha civilización a outra, aseguran unha apoio firme ao fornecemento da Oligarquía.

Deus é representado como un señor maduro de barba longa e voz ben timbrada e vive no ceo, por riba das nosas cabezas, pero está en tódolos lados. O fillo é un bo recurso para o fervor expresado como experiencia de masas con carátula de gran atractivo turístico. Mais eu imaxino que, ainda cando o Benedito semella ser moi diferente dos papas anteriores, a inercia e a omnipresencia da ortodoxia anacrónica e ritual, invariable a través dos séculos, non vai poder competir a partir do 2030 con novas formas de crer: as que inclúen a percepción de que hai algunha manifestación de enerxía/intelixencia superior, con capacidade para crear, que está detrás da orixe do Universo -así o falaremos no Percington bar libando combinados botando fume de colores-, e que trillóns de planetas non poden estar de adorno para maior deleite dos frades chocolateiros, con visión antropocéntrica, artellando celebración apixoadas na percepción do pecado e a contrición que fai da gleba debedora dunha vida de prestado na que a Igrexa se ten apropiado ate da última festa págana para pasala pola criba da relixiosidade e da superstición homologada.

 

 

 

 

El cardenal Cañizares, convertido en mártir tras sus críticas al “imperio gay”, es ovacionado por sus fieles

El presidente de la comisión diocesana de Familia y Vida le agradece “su valiente defensa de la familia cristiana en estos tiempos también de persecución”.

© PUBLICO