Etiquetas

,

Van chegar xornadas longas, de temperaturas abrasadoras durante o día e xélidas pola noite, aos campos de refuxiados nos rincóns da vergonza. As democracias “mais consolidadas”, exemplo da evolución, pagan unha fortuna aos turcos para que os que fuxen da morte non emporquen os seus territorios. Unha fortuna que non reverte de xeito ningún nas condicións de vida nos campamentos, onde a axuda que chega depende da xenerosidade de particulares nutrindo organizacións fora das accións dos Gobernos. A guerra en Siria, en Afganistán en Irak ou no corno de África rematará cando non queden apenas nativos e as rexións queden abertas a unha explotación de recursos máis doada, con fluxos de traballadores importados.

Líderes e lideresas do Banco Mundial e do Fondo Monetario Internacional suscriben a idea de mandatarios dos países máis poderosos e armados no sentido de que agora cumpre eliminar á metade da poboación mundial como xeito más económico e directo de loita contra o cambio climático. Ademáis, están xa a poñerse a disposición das grandes potencias millóns de hectáreas africanas para uso agrícola. É barato fagocitar o que é de Estados pobres, corruptos, gobernados por homes de palla, despois de alimentar guerras intestinas que provocaron éxodos formidables e o debilitamento da identidade.

Quedan días inclementes para os abandonados pola Xustiza Universal e, sobre todo, queda un horizonte de falta de esperanza cribado de depresións maiores e suicidios que o voluntarismo trata de amortiguar sobre o terreo ante a pasividade da Socialdemocracia e a Democracia Cristiana. “Democracia, Cristianismo, Solidaridade, cumplimento da Ley…”, palabras deturpadas, apropiadas pola boca dos líderes da vella Europa para ser manchadas e traizoadas. Cameron, Rajoy, Junker, Putin… reservan o bonancibilidade para as súas propias e suxas entrañas corruptas, entrampados en movementos que teñen favorecido os seus patrimonios e tamén intereses corporativos que lles dan seguridade. E, sen embargo, o pago é a pervivencia nos seus postos. Europa está vella e caduca, baixo o síndrome da segunda guerra mundial. Acadou un grado de insensibilidade e inmobilismo que a ten levado a asistir impasible ao xenocidio dos Balcanes e a mirar para outro lado en Palestina, en Siria, no Kurdestán. O único santo e guía e o euro. Só son humanos os xeques, ou os millonarios rusos. Os turcos poden gasear aos kurdos e seguir a ser candidatos a incrementar o producto interior bruto e o mercado da Unión.

Só un descenso ainda moito maior do natalicio patrio pode atenuar a desafección respecto da door dos que buscan un lugar no que poder dormir todolos días lonxe do ruído das bombas. Como cando Aznar mesmo abría as portas á man de obra xoven e barata que precisaba o boom inmobiliario e constructivo que habería de alimentar a fame desmedida de centos, miles de cargos políticos do seu partido ao longo de toda a pel de touro.

Vai resultar que non ter fillos pode convertirse, a medio plazo, nun disparador da solidaridade dun Rajoy que, acogotado pola crise e ensimismado por cadrar as cifras macroeconómicas a calquera prezo, leva acollido a dezaoito sirios desque empezara o “conflicto”. Quitaronlle o título de fillo predilecto e croromicou. Cumpre quitarlle o de fillo porque é difícil de entender que saiba o que sinte unha nai que ve como os seus cativos non teñen mantas e ponse ela debaixo, sobre o barro, para facer de colchón e alimentalos cunha calor que non é quen de atopar nas longas noites da vergonza de Europa.

 

 

gabriel tizon familias (5)

 

© Gabriel Tizón