Etiquetas

 

Os acordos asinados con Panamá son un xeito de facer legal o egoísmo fiscal, a ambición desmedida, o afán defraudatorio e depredador, a ocultación da fortuna. Foi preciso o empeño do Goberno en propiciar un status quo tan diferencial e protector da separación en dúas castas: os que pagan impostos de entre un 18% e un 30% por salarios en nómina e os que refuxian os seus ingresos para logo darlle entrada “legal” pagando un 7% ou menos.

“Es que lo mío es legal”; “me lo recomendaron mis gestores; ellos se ocuparon de todo”; “todo este lío es un montaje periodístico; mi situación está regularizada”; “España es un país muy generoso, aunque algunos quieran presentarlo como tierra de corruptos”; “me voy a querellar contra tanta difamación”; “la empresa es de mi mujer”; “eran cuestiones familiares en las que yo no entraba”; “¿es que no es lícito y natural que un padre quiera dejarle su patrimonio amasado con tanto esfuerzo a sus hijos?”… e así podemos atopar mil e unha argumentacións para xustificar o fondo da cuestión: todos trataron de pagar menos impostos contando coa colaboración do Estado Español e dos Ministros de Facenda, actuando en contra do corpo de inspectores. Entre estes cunde o desánimo cando teñen encomendado a persecución do fraude fiscal dentro do país e o fortalecemento de medidas de exemplaridade para que a clase traballadora sexa cada día máis solidaria mentres os defraudadores ricos son amnistiados mesmo, se é preciso, subvertindo a realidade e acomodandoa aos intereses dos Urmangaríns: “Hacienda somos todos sólo era una frase publicitaria enmarcada en una campaña de marketing” -avogada do Estado dixit-.

Teño que admitir que a posibilidade de que os Conde, Bárcenas, Roldán ademais de custarnos diñeiro nas súas reclusións chuscas no cárcere materialicen o que verdadeiramente importa, a devolución dos cartos, é nula mentres os Gobernos sigan lexislando de xeito que o segredo bancario e un dereito mesmo neses casos e en contra de poder extraditar, coa Ley na man, o diñeiro refuxiado en paraísos fiscais. Hai tamén nesta conduta dos Estados, especialmente os que se veñen adicando a piratería financieira -antes fixérano no mar- dende hai tres séculos, especialmente anglosaxóns e xermanos, e agora tamén os grandes de España, un interese depredador por acumular capitais baixo bandeira, en complicidade cunha Banca privilexiada que utiliza os illotes de catro metros cadrados como satélites subcontratados. Na city londinense aniñan os centros dos grandes movementos evasivos e especulativos. Montoro mantén as SICAV, en coherencia con un entorno agresivo obsceno ao que non se lle quere poñer coto: Microsoft, Google, Amazon pagan en Holanda e Luxemburgo o Imposto de Sociedades que se corresponde coa súa actividade en España. Por iso e outras cousas os holandeses e os luxemburgueses teñen máis xeriátricos, máis medios educativos, pensións máis elevadas. A pagana é a clase traballadora, as clases media e baixa, cuxos intereses non son representados nas mesas de negociación. As institucións europeas e o Banco Central están dirixidos por delincuentes: antes Strauss Kahn e Rato, agora Christine Lagarde no FMI, Juncker á fronte da Unión Europea, despois de ter sido o artífice da conversión de Luxembburgo nun paraíso fiscal de facto no seno da Unión para as grandes empresas coa implementación de políticas impositivas en contra dos intereses da Europa da segunda velocidade…

Pero esa tradicional pulsión evasiva das grandes empresas ten contaxiado a un fato de palurdos, “pequenos empresarios” de distintos gremios, actores, cineastas, bodegueiros, politicastros, motoristas, cantantes, mamalóns en definitiva que se sumaron miméticamente ás prácticas de inxeñeiría financieira, coa axuda de testaferros porque non dispor de esa figura ou quedar fora de ese xogo presuntamente elitista e estiloso, pero segredo, de seguro que era ir contra corrente, como podía selo non ir a Santa Comba de marcha os Sábados. Moitas de esas persoas con grande prestixio social teñen colaborado en campañas solidarias, en mesas petitorias, en rastrillos de Nadal, ou chamando á xente humilde a doar con xenerosidade fondos a ONGS, a Unicef, a Acnur, namentres o seu aproveitamento do recurso fiscal aberto pola Administración serviu para recurtar ainda máis o investimento en prestacións sociais. Montoro, e antes Solbes, e antes… ¿! son os artífices desta desfeita legal. ¿A materia prima? A maldade e o egoísmo de moitos seres “humanos”.

 

usura1-300x180