Etiquetas

, , , , , ,

O domingo 13 de marzo: COMUNICADO DA COORDINADORA ANTI-PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA – A CORUÑA

Este mes adiantamos a Marea Branca pola coincidencia do terceiro domingo co inicio da semana santa.

O domingo 13 sairemos a rúa en Compostela, Pontevedra, Lugo e A Coruña, unha vez mais, en defensa da nosa sanidade.

Denunciaremos as presións que estan a sufrir os traballadores por facer públicas as deficiencias dos centros, a precariedade laboral que repercute na calidade de atención ás doentes e o continuo peche e desmantelamento dos medios públicos.
 
Asimesmo, esta coordinadora se suma, e anima a particiapar a toda a cidadanía, á 1ª Marcha dos eventuais do SERGAS, que terá lugar en Compostela o día 16 ás 10 da maña, para esixir condicións dignas de traballa e a contratación de mais medios e persoal, para poder ofrecer un trato digno aos doentes que pagan relixiosamente os seus impostos. A marcha partirá dende a Praza do Obradoiro e finalizará nos edificios da Xunta de Galicia en San Caetano.cartel16marzo.png
Todos aqueles interesados en acudir a Compostela, que o fagan a traves deste correo:

Correo electrónico: defensasanidade@gmail.com

Blogue:                     http://defensasanidadecoruna.tk

Facebook:               Coordinadora Antiprivatizacion da sanidade publica – A Coruna

Twitter:                  @CasCoruna