Etiquetas

,

UNHA LACRA CHAMADA MONARQUÍA

A nosa Monarquía é unha lacra para a democracia. Ainda cando se tratara dunha tiranía da bondade, posto que subvertiría o dereito de todos a participar nas decisións que marcan o “destino”. A Monarquía puxo os cimentos dunha estrutura xerárquica na que o pagano é o pobo, os fidalgos expremen á xente e os nobres apretan aos fidalgos para artellar un lobby arredor da reencarnación de Deus na terra. A Monarquía ten moita responsabilidade no noso descolgue do progreso, do verquido de sangue inocente en defensa de intereses alleos ao benestar das xentes, e da pervivencia dos dogmas fronte ao diálogo. Os intereses da Igrexa apostólica e da Monarquía foron e van da man. O Vaticano exhorta ao españois para que apoien ao bipartito corrupto en aras da estabilidade política. E desde a Corte, pervive a prerrogativa de que o monarca, institucionalmente, tome partido por un líder concreto e o propoña para Presidente máis aló de que o Sistema de este país facilita maiorías de consenso e de que a suma de opcións minoritarias coincidentes no sustancial teñen dereito á preponderancia sobre outra unitaria que, ainda sendo a máis votada, non suma tanto como as outras xuntas.

A Monarquía e o Vaticano teñen medo de que se lles acabe o teto do que seguir tirando do leite. Xa o di o meu compañeiro de sección: “Hai que traballar coas mans”. Cumpría poñelos unha tempada a carjar areón na carroseta, cando as luvas mesmo queiman coa escarcha a cortar a pel e o alento forma estalactitas e estalagmitas ate o fondo das entrañas.

Estabilidade, credibilidade, confianza para os inversores, para o BCE, para Bruxellas, para as SICAVS, que ampliaron o patrimonio das empresas un cincuenta por cento neste anos en que unha grande parte da clase media española cruzou a verdadeira liña bermella, a da dignidade, para vivir maniatada por unha pobreza que, en moitos casos, esa clase política que avala a MONARQUÍA, ten convertido en miseria.