Etiquetas

,

 

Ou sobre o exercicio constante da maldade

As axencias, os mass media impregnan o sentimento “novidoso” dunha sociedade convulsa vítima dun avance sen precedentes do terrorismo. ¿? Pero é que o terror deixou de estar presente nalgún momento desde a aparición do home nas relacións, de poder, neste planeta. O terror poderá ter moitas e moi diversas facianas pero é un e resposta tamén a un móbil que recorrente: o dominio do home polo home, o exercicio do abuso de poder, a depredación dos recursos e, ao fin, vivir con cotas de benestar diferenciadas a costa de explotar ao outro. A poboación civil dos países desenvolvidos non chegan novas das estratexias de esquilmo, explotación, imposición de ditadores amigos, expropiación, desestabilización, terrorismo de Estado, fomento de guerras para dar vía á industria do armamento… co corpo dos profetas aínda quente xa se afían as gadañas para cortar cabezas no nome de ortodoxias tribais que confirmas o agromar de novos profetas enfrontados polo poder e o exercicio da posesión exclusiva da lexitimidade… A guerra fría das superpotencias agocha a ansia máis prosaica e ruin por monopolizar o acceso ás fontes de riqueza… e si para tal fin cumpre apoiar aos que asasinan ás nenas por ir á escola namentres intramuros se presume de altas cotas de democracia e temor de Deus, pois faise e ao carallo, que para iso hai aparatos de propaganda persuadindo á clase media de formar parte do mellor país do mundo. Chegan momentos en que os mandamáis do mundo cambian cromos e pactan non revolver na merda de cadaquén: Xeorxia, Chechenia, Granada, Afganistán, Chile, Cremea, Siria, Líbano, Guatemala… se é que está a emerxer un inemigo froito do rescoldo de ser potenciado como arma segundo intereses xeoestratéxicos e agora saído de nai. Porque para que este estado de excepción que troca liberdade por seguridade estará desvalido en tanto que os cidadáns traguen coa idea simplista de que o enfrontamento entre sunnitas e chíes e a radicalización dos islamitas xa máis radicais esta detrás do odio á democracia. Tórnase imprescindible distinguir a acción dos servizos de intelixencia en favor do Terrorismo de Estado e da imposición de gobernantes, mediante golpes de Estado alentados por esa Intelixencia, homes de palla, formados en Occidente para enquistar a civilización musulmán como unha ameaza.

Os únicos líderes das “repúblicas árabes” respectados polos que dominan o mundo e vetan calquera disposición da ONU en favor do achegamento de civilizacións son sátrapas canallescos que teñen sumido aos habitantes dos seus países na Idade Media e onde se conculcan tódolos dereitos humanos. Pero son “gobernos amigos” e, como tales, intocables. Máis aló das homenaxes sentidos polos inocentes caidos, máis aló dos discursos maniqueos sobre a diferencia entre civilizacións, Europa, os EE.UU., Xapón, Canadá, Australia e todo o mundo tan “desenvolvido” precisa vencer o mal, a maldade a partir de distinguir primeiro a que xa aniña no seo do seu Sistema Nacional podre, maridado cos intereses de monopolios, e poder albiscar ate que punto o Estado de benestar, aínda con recortes porque o Poder é ávido, depende umbilicalmente do abuso de poder sobre os recursos dos outros e os escravos doutras latitudes terceiromundistas.