“(…) Todos agardan abaixo, mudos, co aire cargado dunha teima asfixiante, que xa non agarda por ninguén, e o silenzo. Durante varios segundos, que semellan eóns, mergúllome na negrura do meu café, a corenta metros sobre a realidade, onde o meu pensamento escruta as canellas de cidades que nunca percorrín (…). Sen eu me decatar, o agarimo do fume amargo esvaécese, efémero. E as súas facianas marchan no vento, deixando pegadas dentro dos meus ollos, cansos de non chorar. De observar sen ter que ver nada”.

Mikko Lagerstedt-Paris ©

Mikko Lagerstedt-Paris ©

…y la paz sea contigo.