Etiquetas

O quinto poder ten contribuido a menoscabar o carácter liberal da cidade da Coruña fomentando a través do articulado de opinión das vacas sagradas o sectarismo máis palmario en defensa das teses alineadas en torno aos intereses da oligarquía e da clase política que os representa. Ás veces, nas páxinas do xornal entra un vento fresco da man de Miguel Anxo Murado, pero trátese do pretexto para aparentar un pluralismo que de feito non existe na proposta editorial. É significativo que as Institucións do país concedan de xeito sistematico a aqueles que atacan a discrepancia á marxe do bipartidismo e o empoderamento da sociedade civil. Son trofeos tan baleiros de contido como os que no seu dia recibira Franco como recoñecemento a campañas que non existirán mais ca na mente dos servizos de intelixencia para convertilo no xeneral máis novo de Europa e no valedor dos señores feudales daquel tempo.

O modelo da prensa coruñesa é complementario da propia evolución dunha cidade alimentada, por una banda, dunha burguesía acomodada cada día máis afecta a Madrid, e, por outra, dunha clase obrera atomizada, sen referencias colectivas fora do fútbol, e herdeira do éxodo do rural ao urbano con toda a carga de desarraigo que elo comportou no xeito de construir os novos barrios, cimentados sobre colmeas nas que o individualismo se parapetou detrás dos felpudos e a ignorancia sustentou a distancia entre os ideólogos ao servizo do Sistema e o pobo.

As vacas sagradas do quinto poder andan estes días nerviosas, e froito de esa ansiedade escreben cousas que os transparentan. Demonizan as propostas novas, atribúenlle elementos negativos e presupoñenlles elementos de corrupción sen fundamento real; coleccionan epítetos denostativos e, sobre todo, intentan sementar o medo para evitar a frivolidade de votar a outras opcións fora da podremia xa coñecida.

Desde un punto de vista que pertece xa máis á materia psicoanalítica, resulta a primeira vista paradoxal que descendentes de “depurados” pola bicha franquista defendan postulados máis preto de teses concentradoras do poder e da “lexitimidade” das ideas que fornecen os privilexios. Neste punto habería que ver canto hai de síndrome de Estocolmo nos descendentes das vítimas das ditaduras, e sintonizar con estudos sobre o tema de casos similares nacidos nas “democracias” que sucederon a Videla e Pinochet. Hai algo de desexo de pór terra de por medio coas ideas que conlevaron o asasinato do ser querido en todos os que veñen a defender os mesmos postulados que alimentaran a aqueles verdugos.

Pero instalémonos no presente, para dicir que co trazado actual da prensa escrita na Coruña e en todo o Estado, esas vacas sagradas seguirán a conquistar esos meles do recoñecemento das rancias institucións ás que serven e por cuxa continuidade no estado actual traballan. Pero, se queren, poden deixar de mirar o seu ombigo para decatarse que están a superar os seus formatos e as súas diatribas outros xeitos de saber, de opinar e de estar informados que non precisan de loureiros e recoñecementos e que atopan na interacción, no debate e na empatía o xeito de crecer intelectualmente e de evolucionar cara a outro mundo distinto ao da bicefalia do Estado; un mundo que é posible e que é real. Porque é desde os territorios íntimos, alí onde as distancias se acortan e os homes e as mulleres toman conciencia de que as vontades suman, como mellor se percibe a dignidade dun pobo para superar os demonios impostos.

 

 

_DSC4903

Desde os territorios íntimos e universais dos Outeiros de Broño, o Val de Maianca e as praias de Mera, desde os territorios de corazón irreductible de OLEIROS,  ¡POLA VICTORIA, SEMPRE!