Xosé Filgueira Valverde, una elección política?

Toda decisión con transcendencia na vida pública atende, queiramos ou non, tamén a motivacións ideolóxicas. Hai unha corrente de opinión entre a intelectualidade galega favorable á elección do profesor Filgueira polo que comporta de valor de reconciliación e de peche de feridas despois dá mal chamada guerra civil e que os estudosos imparciais denominan golpismo militar con efectos perversos sobre a poboación. Sen embargo, ese valor cumpre atribuirllo á familia de Bóveda, xenerosa ate o extremo na comprensión e no perdón. Non o entende así a dereita, que no Parlamento instrumentalizou a superación do pasado por parte das dúas familias como un exemplo de ambalasdúas no xeito de pasar páxina, cando o certo é que seguen nas cunetas milleiros de “represaliados” e a ferida, polo tanto, segue aberta para aqueles que non poden honrar aos seus mortos como quixeran e é de lei.

Dende o punto de vista da creación literaria, a obra de Filgueira, non precisamente brillante, non abondaría para adicarlle o día dás letras galegas cando hai tantos autores con obra excelsa que ainda non mereceron ese recoñecemento.

 

Outra cousa é a súa inxente labor ensaística na que traslada a súa enorme erudición para achegar, sobre todo, a Historia da Literatura, a arte e a cultura galega a tres xeracións de galegos, tanto a través de publicacións e articulado como non exercicio do ensino.

Mais se cadra o aspecto máis valorado para decidir a homenaxe a Filgueira sexa a súa responsabilidade na fundación do Seminario de Estudos Galegos, a dirección do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, a súa militancia no Partido Galeguista, a creación do Museo de Pontevedra ou a fundación do Instituto da Lingua Galega, se ben é certo que dende esta institución se rachou co consenso que era preciso para fixar unha normativa que recuperase regras e vocabulario perdidas a partir do que de común tiñan o galego e o portugués en lugar de buscar as referencias no castelán. Esta decisión de marxinar a Carballo Calero, á sazón responsable dá Cátedra de Lingua Galega na Facultade de Filoloxía, e tamén de desconsiderar a opinión da inmensa maioría dos docentes de ensino medio tivo, co paso do tempo, máis consecuencias que as apuntadas polo ILGA como miudezas que atrancaban a normalización: o alineamento do galego a carón do portugués teríalle dado esa dose a maiores de recoñecemento e respaldo institucional que achega o feito de pertecer a unha comunidade de trescentos millóns de falantes en todo o mundo e, ademáis, daría resposta ao rigor histórico e explicaría mellor a presión centralista sobre a sociedade e a cultura galegas, de xeito especial durante o franquismo, pero tamén nos séculos escuros.

Por tanto, luces e sombras na figura de Filgueira e, o que é máis importante, instrumentalización torticeira do que se presentan como valores engadidos e que, sen embargo, foron decisións contrarias ao interese xeral: dereitización do partido galeguista e imposición no eido da lingüística. Outra cousa é ou traballo de erudición que, como dicía, cumpre recoñecer.

 

 

J.F. Filgueira, a los 17 años..jpg

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.