Etiquetas

,

O certame de Fotografía documental “Revela” organizado polo Concello de Oleiros acuñou o lema “MORRER DE INFANCIA” nunha das súas memorables edicións. Recollía o traballo dos autores a relación directa entre as situacións de pobreza extrema, violencia, carencia dun teito e o efecto mortífero para os máis vulnerables: mulleres, anciáns e CATIVOS. Trátese dunha cuestión de proporción, o certo é que nas economías occidentais onde se ten afondado na fenda entre ricos e pobres hai un xeito de discriminación potente que estratifica á sociedade en castas pouco permeables.
Unha das meirandes trabas para lograr reverter a situación e saír da condición de pobre baixo o umbral que se identifica cunha vida digna e coherente co entorno e a dificultade para acceder a estadios educativos avanzados. E moito máis cruel aínda resulta a perda da igualdade de oportunidades, a discriminación no acceso a bens primarios, como castigo suplementario para aquelas familias ás que o estoupido do Sistema penalizou co despedimento, como se esta mesma situación non merecera dun tratamento individualizado e da utilización da Caixa de auxilio común que debe representar a Administración Pública nestes casos se non queremos crear una xeración de estigmatizados que se verán indefectiblemente condenados a engordar as bolsas de pobreza que tanto avergoñan a Esperanza Aguirre.
Xa que logo a decisión de Rita Barberá de deixar sen servizo de comedor escolar aos nenos de familias con débedas co Concello adquire tentes dramáticos, desperta odio social ás institucións e contravén todo o espírito da Constitución. A maiores, denota que para ela e o seu fato de conselleiros os nenos son mercancía insensible e non os diamantes en bruto sobre os que descansa toda esperanza na rexeneración democrática. Un recambio que ten de levar por diante máis pronto que tarde a esta muller á que non lle trama a man para traumatizar a familias xa en desgraza, mentres a ela lle parece convinte cargar os Gin Tonics e as Suites de luxo ao erario público en situacións de nula repercusión positiva para as arcas municipais.

 

Rita Barberá quita la beca de comedor a 52 niños por las deudas de sus padres con el Ayuntamiento