Etiquetas

No período Cámbrico tivo lugar una cadea de erupcións volcánicas, masivas, que provocaron, logo de varios milleiros de anos, un quencemento global que fixo emerxer de debaixo da capa de xeo que cubría o planeta, unha cantidade de metano letal para a meirande parte dos organismos vivos de certa complexidade. “Milagrosamente” sobreviviu un mamífero que vivía en galerías ben fondas, e por iso hoxe estamos aquí os humanos.

Co ritmo actual de emisións de CO2 en menos de douscentos anos a temperatura vai subir tanto no Cámbrico e o risco de que millóns de toneladas de hidrato de metano atrapado no fondo dos océanos se libere á superficie é tan real como inminente.

Daquela, que criterio, moral, ético, económico ou de inspiración transcendente inspira a José Manuel Soria, a Rajoy e ao seu curmán para paralizar o Plan de inversións en Enerxías limpas. Camiñamos a unha hecatombe, a un colapso do Medio Natural, dos ecosistemas e estes tipos, con impunidade, impoñen impostos e trabas aos particulares que instalan paneis solares nos tellados das súas casas para acadar a autosuficiencia enerxética e reducir a 0 a pegada de carbono. ¡poñenlle unha taxa á captación da enerxía solar!¡Gravan a enerxía eólica e subvencionan a extracción queima de combustibles! A política do Goberno a respecto do modelo enerxético é, xa que logo, un exercicio de delincuencia ambiental puro e duro desoíndo os informes científicos máis autorizados en todo o mundo. Cumpre pois iniciar pronunciamentos públicos encamiñados a sentar diante do xuíz a Soria e a Rajoy por alentar políticas que atentan contra a saúde pública ao paralizar e mesmo gravar o investimento en fontes de enerxía limpas cunha taxa inmoral, contraria ao interese público e que ven a castigar aos cidadáns exemplares que buscan a suficiencia enerxética á marxe dos intereses das petroleiras.

 

http://www.greenpeace.org/espana/es/Blog/lo-que-el-ministro-soria-no-quiere-que-sepas-/blog/49718/