Etiquetas

Lembrar un pasado de violencia que é tamén presente

 

Aniversarios, efemérides… Cúmprense hoxe, e mañán, e pasado mañán a respecto do fusilamento das trece rosas e do bombardeo de Hiroshima e Nagasaki, do inicio da Segunda Guerra Mundial… e fanse votos para que non se volvan repetir actos semellantes de destrución e ataque á dignidade humana. Mais resulta algo inconsistente, case que baleiro, sen fundamento, cando ou certo e que, namentres poñemos flores de homenaxe aos mortos, inocentes, seguen a caer, en tempo real, millerios de civís, a diario, en conflitos visibles e invisibles. En Palestina, Sudán, Iraq, Afganistán, Sirya, Liberia, Libia os dereitos humanos son pisoteados; a vía bélica é alimentada dende o comercio de armas polo control das materias primas e a deriva son o abuso de poder e o xenocidio.

Ademais hai outro asasinato silencioso, sutil, estendido mesmo en países aliñados e superpotencias, que ten que ver coa persecución e eliminación da diverxencia co stablishment, co Réxime. E non ocorre só en ditaduras como Corea do Norte, ou en gobernos tinxidos pola provisionalidade, como Exipto, ou baixo ou xugo do aparato de poder que a China ten conservado non seu tránsito do Comunismo a un Capitalismo feroz. A tortura e os crimes de Estado son tamén prácticas admitidas pola Presidencia da que moitos catalogan como a maior democracia do planeta. Os servizos de intelixencia de países paradigmáticos na defensa dos dereitos humanos teñen unha morea de merda que ocultar dentro da súa praxe, de espionaxe, que nos venden como acotación das liberdades en aras dunha meirande seguridade.

Mentres lembramos as nosas desgracias pasadas, para que non se repitan, milleiros de inocentes seguen a morrer a diario vítimas da munición subministrada por gobernos de ética laxa convertidos en potencias pola vía da ignominia.