Etiquetas

Fálase dos meniños coma os rostros da vida, cando realmente son inexpertas criaturas que non poden reflictir senón inexperiencia a través da súa ollada…Aínda teñen toda a vida por diante!

Os sucos que percorren as facianas dos fillos da República coma infinitas e intrincadas corredoiras son os que forman os verdadeirosrostros da vida, dotados de serenidade e vetusta beleza, e desa expresión de satisfacción vital. Os daqueles que sufriron unha longa noite de pedra que durou catro décadas, os de todas estas persoas que fixeron posible o noso benestar; todos eles son o máis fiel espello da realidade, todos eles, cargados dunha enigmática fermosura. “Un rostro sen engurras é un prego de papel no que non hai nada escrito”

Jean Paul Richter