Etiquetas

,

RETRATO HUMANO: FOTOGRAFÍAS EXPLICATIVAS

Estas tres fotografías (coas súas descripcións) expresan un pouco o que se trasladará no sucesivo a este blog, a idea das diferentes posibilidades que ofrece o retrato humano, non só a través do rostro das persoas, senón tamén a través de elementos que evoquen unha sensación ou unha condición innata e propia do ser humano.

Razón da escolla: recuperación do compoñente humano, en progresiva desaparición nunha sociedade cada vez máis deshumanizada.

-É un proxecto accesible porque son detalles, imaxes que nos rodean e coas que convivimos diariamente, intemporais, a clave reside en deterse a observar. 

-A frecuencia de publicación será de dúas imaxes (máximo) á semana, en posts individuais.