Desvergonza política

De como unha imaxe entenrecedora cala na desmemoria da sociedade.

Resulta entenrecedor ver como dende hai unha semana candidatos ás europeas dos dous grandes partidos sobre os que descansa a alternativa de poder visitan industrias e a agricultores e gandeiros do país galego. Os mesmos que entregaron o sector lácteo aos franceses; os mesmos que sacrificaron o sector pesqueiro para privilexiar tratos de favor ós detentadores dun sistema baseado na especulación financeira, os especuladores no taboleiro de xadrez en que se converteu esta Europa de dúas velocidades; os mesmos que fixeron renuncia de funcións con respecto ao naval, asfixiando a oferta especializada dentro do fluxo de demanda privada dos estaleiros públicos sen carga de traballo dentro da órbita do estatal; os mesmos que impediron o dereito a competir aos sectores primario e industrial do país, en igualdade de condicións dentro do marco europeo, son agora os que visitan as granxas, os estaleiros, as industrias, proclamando que son os mellores defensores dos seus intereses.
O Vaticano, Bruxelas e, pronto, os consulados convértense en lavadoiros para que personaxes que saíron indemnes da acción dunha Xustiza politizada volvan ao cabo de catro anos para participar de novo na vida pública con todas as súas aspiracións a abranguer esferas de poder con propostas de cambio. Esas son as súas motivacións. Está ben, pero non insulten a intelixencia de tanta xente fodida, sen acceso ao crédito, sufrindo as consecuencias de prácticas desleais e ilegais das grandes corporacións foráneas sen que as autoridades interveñan; padecendo a deslealdade de medidas arancelarias proteccionistas que, encubridamente e, en ocasións, explicitamente, dan toda a vantaxe competitiva ás empresas que se nutren de emprego precario, escravo, nun escenario de nulo retorno do diñeiro á sociedade onde están implantadas.
Durante os últimos 20 anos só a voz do BNG ten levado propostas e reivindicacións en clave de país a Bruxelas e a Madrid. Galicia necesita esas voces que a defendan fronte ao abuso contra os nosos sectores produtivos. PP e PSOE non fixeron se non obstrución aos intereses dos nosos clusters. Son feitos. Ana Miranda defendeu máis peticións e propostas en Bruxelas que a bicefalía en todos os seus anos de presenza, limitada a negociar en favor da gran banca e disposta a aceptar, como solucións máxicas, o arrancado de viñas e oliveiras, o despezamento de barcos e o peche de explotacións gandeiras. Teñámolo en conta á hora de votar e recordémolo aos que veñen a última hora con propostas novas que as diferenzas de matiz non deben impedir a unión de forzas contra o inimigo común. Ou é que o personalismo egocéntrico nos vai seguir levando á atomización aos que loitamos contra un sistema podre que, unha vez máis, encontrará a vitoria na división dos que repensan o Sistema?

Un nuevo perfil
Un nuevo perfil

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.