Etiquetas

,

Semella que os traballadores dos sectores primarios que proveen as mesas dos cidadáns con sangue e suor seguen a ser servos vilipendiados polos que foron elexidos para defender os seus dereitos e que adican as súas carreiras en pos dos postos máis elevados no organigrama debuxado en Madrid pisoteando aos seus irmáns galegos. É un conto vello.

Unha das moitas pancartas que se luciron durante a manifestación

Unha das moitas pancartas que se luciron durante a manifestación

A nobreza galega que quixo reivindicar o país foi degolada e logo viñeron anos escuros e, xa no século XX ate hoxe, un ditador que renegaba do seu pobo ao que masacrou con saña, e ministros e presidentes autonómicos que fundamentaron a súa ascensión na confirmación de que Galicia sempre será “obediente e leal”. ¡Que buenos marijcos sacan estos putos gallegos de las rías! ¡Son brutojs, pero tienen los mejores produjtos!, un ministro dixo a un militar na cetárea de San Felipe, proveedora dos mellores manjares para días especiais. Total, traballamos barato para o resto do Estado e non somos sospeitosos de desexar o divorcio e que deixe de representarnos en Bruxelas un tipo que nos ignora e que calificou as praias bañadas polo chapapote de esplendorosas unha semana despois de afundirse o Prestige. O que máis me amola é que Galeuzca naceu cando a Euzkadi e Cataluña lles interesaba sumar forzas, pero co tempo eses nacionalismos do carallo, que representan intereses burgueses, proteccionistas e conservadores, veñen a descalificar en tempos de crises as primeiras inversións serias e compensatorias en materia de infraestructuras en Galicia -Convergencia e Unió- e non dan un paso adiante solidario para plantexarlle ao ministro que ten que recompoñer o mapa de cupos -vascos-.

No caso de Galicia, ainda que teñas moitas diferencias programáticas co Nacionalismo, levamos sendo pisoteados tanto tempo que pensar en clave distinta á defensa do noso espacio vital é suicida. Pero se queremos morrer como pobo, sigamos a bailar os ritmos que nos marcan en Madrid.

Santi Casal            
A Aldea Celta