Etiquetas

, , ,

En novembro de 2005 Otegi é condenado polo Tribunal Supremo a un ano de cárcere por inxurias á Coroa debido a unhas declaracións que realizara dous anos antes nunha visita de Juan Carlos I a Biscaia días despois do arresto de dez traballadores do diario Otegi declarara entón: «o rei de España é o xefe supremo do Exército español e da Garda Civil, e polo tanto, é responsable das torturas exercidas aos traballadores». A fiscalía e o Constitucional conclúen, baseándose no artigo 56.1 da Constitución, e obviando o amparo do demandado nos artigos 14, 16 e 20 da mesma, que as inxurias ao monarca polo seu carácter obviamente infamante, van manifestamente máis aló do que poden entenderse por lexítimo de acordo co artigo 490.3 do Código Penal.

Arnaldo Otegi na Audiencia Nacional

O 15 de marzo de 2011, unha sentencia da Comisión Europea de Dereitos Humanos falla (en parte) a favor de Otegi pola violación por parte do Estado Español do artigo 10 da Comisión:

1. Toda persona tiene derecho a la libertad de expresión. Este derecho comprende la libertad de opinión y la libertad de recibir o de comunicar informaciones o ideas, sin que pueda haber injerencia de autoridades públicas y sin consideración de fronteras. El presente artículo no impide que los Estados sometan a las empresas de radiodifusión, de cinematografía o de televisión a un régimen de autorización previa.
2. El ejercicio de estas libertades, que entrañan deberes y responsabilidades, podrá ser sometido a ciertas formalidades, condiciones, restricciones o sanciones previstas por la ley, que constituyan medidas necesarias, en una sociedad democrática, para la seguridad nacional, la integridad territorial o la seguridad pública, la defensa del orden y la prevención del delito, la protección de la salud o de la moral, la protección de la reputación o de los derechos ajenos, para impedir la divulgación de informaciones confidenciales o para garantizar la autoridad y la imparcialidad del poder judicial.

De todas formas, o Goberno, en oposición a esta decisión, alega que as manifestacións do demandante implican un grave ataque ao honor de calquera persoa afectada, incluído obviamente o Rei. Segundo eles, o feito de cualificar a unha persoa de torturador equivalería a dicir que viola os valores esenciais da sociedade dos que forma parte e a suscitar unha opinión negativa en canto á súa dignidade e á súa honorabilidade, sobre todo tendo en conta que no caso de autos a persoa afectada polas manifestacións ten a obriga de respectar e facer respectar os valores que respresenta co seu cargo público ao frente do Estado Español.

O Goberno mantén tamén que os Tribunais españois tiveron debidamente en conta a xurisprudencia do Tribunal sobre este tema. A este respecto, recorda que a xurisprudencia do Tribunal constitucional recoñece a importancia da liberdade de expresión como garantía esencial dunha opinión pública libre, indisolublemente vinculada ao pluralismo democrático. Con todo, segundo a inxerencia, o dereito á liberdade de expresión non protexe as demandas de Otegi e finalmente o tribunal resolve desestimar a demanda por danos materiais de máis de 78 mil euros pero acepta a outorgar unha multa ao Goberno español de 20.000 euros en concepto de danos morais.

É no mesmo ano 2011, seis meses despois da decisión de Estrasburgo, cando a Audiencia Nacional decide condenar a Otegi cunha sentencia de máis de 140 páxinas formulada polos maxistrados Ángela María Murillo, Teresa Palacios e Juan Francisco Martel, na que se condena ao Abertzale a 10 anos de cárcere polo delito de pertenza a grupo terrorista en calidade de “dirixente”, pena que en 2012 se vería reducida a 6,5 anos por considerar “integrante” e non “dirixente” ao demandado.

Hai pouco máis de 7 meses, o Tribunal Constitucional decidiu manter a Otegi no cárcere por un só voto de diferencia: O lehendakari, Iñigo Urkullu, lembrou entón que en 2009 sinalara que os condenados nesa sentencia de 2009 “non deberon ser encarcerados” e reclamou celeridade para a resolución do recurso pola saúde democrática do país vasco. Tamén o portavoz do PSE-EE no Parlamento vasco, José Antonio Pastor, expuxo como “gran parte da sociedade vasca non entende en absoluto” que Otegi continúe en prisión.Ata o fiscal xefe do Tribunal Superior do País Vasco, Juan Calparsoro, reclamou “prioridade total” na resolución de este asunto porque, segundo as súas propias verbas, Otegi leva “moito tempo” en prisión.

Para ter en conta a mutabilidade das interpretacións do Tribunal Constitucional, podemos estudar un caso similar no que, na mesma situación que a Otegi, a Sala Segunda do Constitucional suspendeu unha condena por un delito de “colaboración” con Al Qaeda. A pena que se suspendeu era tamén de seis anos e ao condenado quedábanlle menos de tres por cumprir (como a Otegi no momento da decisión do Constitucional de mantelo no cárcere). O Tribunal considerou no caso de Hadid que non suspender a súa condena suporía un “perxuízo irreparable” algo que contrasta coa decisión de manter a Arnaldo Otegi entre rexas.

Obviamente resulta cínico crer na separación de poderes, tal e como a entendeu no seu momento Montesquieu. O poder xudicial está altamente politizado dende hai moitos anos. É sabido que moitos dos xuíces que forman parte dos órganos máis importantes do aparato lexislativo español profesan sen ningún reparo as súas simpatías por determinadas agrupacións políticas, a independencia xurídica é unha utopía. É moi díficil confiar na obxectividade das sentencias cando os maxistrados que as executan non o fan dende a recta visión dun Estado de Dereito, senón dende unha visión sesgada, maniquea e manipulada por unha especie de Goberno de facto no que priman os intereses políticos e económicos por encima dos xurídicos e sociais. Un home que atenta contra vítimas inocentes ou que defende o uso do poder coercitivo con fins políticos ten que cumprir a súa condena no cárcere, pero por estes delictos, o que non se pode é prolongar inxustamente a estadía no cárcere dunha persoa pola súa forma de pensar, ou por unhas declaracións sacadas de contexto nas que, definitivamente, o último que se pon en perigo e a “integridade ou a seguridade nacional”. O Estado de Dereito é o Estado de Dereito, para ben e para mal, a lei é a lei sempre, non só cando interesa.