Etiquetas

Nombre: Sergio Casal Figueroa                                  Interactivo 1

Segundo Comentario de fotografía (deportiva)

 -Elemento principal:  o elemento que chama a atención do espectador en primeiro lugar é a esquiadora que aparece na parte inferior dereita da imaxe, en gran parte polo seu encadre dentro da imaxe. Gracias a un fondo uniforme, tamén destacan os esquís sobre a neve.

1.-Elementos da fotografía

Composición dos elementos dentro da fotografía: sobre un fondo completamente branco, sen diferencias de contraste, sobresaen tanto os esquís coma a esquiadora. Que o fondo estea “queimado” neste caso non significa que careza de información, ao contrario, aporta o compoñente narrativo dunha esquiadora que ten que escalar a neve para chegar aos seus esquís, perdidos durante a competición.

A acción: de novo a inclusión dun compoñente humano neste contexto aporta valor á fotografía. O xesto da esquiadora é moi expresivo, o que observa a imaxe vé o cansancio da mesma e despois o tramo que ten que recorrer para recuperalos seus esquís.

2.-Análise dos elementos técnicos

A Cor: na imaxe predomina a cor de fondo, o branco da neve, que contrasta cos elementos principais, é unha foto que tamén podería funcionar en B&N.

A nitidez: Todos os elementos da fotografía están perfectamente enfocados, xa que todos teñen unha importancia narrativa similar.

Relación entre os obxectos: aquí o fotógrafo podería achegarse coa óptica máis a un plano principal da esquiadora, pero como o que lle interesa contar é a perda dos esquís, abre o plano para incluír no encadre os mesmos, compoñendo unha imaxe completamente diferente, personal e orixinal.

  Ademais, ao non existir unha referencia visual que indique a distancia entre os esquís e a súa dona (polo fondo), a persoa que está a ver a foto non sabe a se os esquís están a 20 metros ou a 200.

Iluminación: neste caso a iluminación xoga un papel importante na creación do fondo uniforme. Probablemente unha foto con menos exposición amosaría as zonas de relieve da neve e as diferencias entre os “brancos”, quitándolle orixinalidade á foto.