Etiquetas

, , , , ,

  Esta semana, na sección Perfiles non analizamos unha soa figura pública de interese xeral. Falamos dun ente ou un conxunto de persoeiros que afectan de maneira directa á comunicación política dende hai moito tempo: os spin doctors, os homes con poder de persuasión tralos políticos máis recoñecidos do noso tempo.

Á esquerda Henry Kissinger e Richard Nixon e á dereita Karl Rove e Jorge Bush Jr.

Á esquerda Henry Kissinger e Richard Nixon e á dereita Karl Rove e Jorge Bush Jr.

Como definición básica, podemos establecer que os Spin-doctors son os asesores da comunicación “á sombra” dos grandes líderes políticos. Cando un líder é case o único actor político que conta e os demais só aparecen coma propagadores dunha serie de consignas fabricadas a conciencia polo entorno máis inmediato do máximo dirixente, a personalización da política toca teito e o fai adaptándose de forma perigosamente exitosa a unha linguaxe adaptada aos medios, especialmente á televisión, que fai dos líderes icono e marca das diferentes opcións de “compra” que ofrece o mercado político. Esta personalización, unida á audiovisualización fai que a imaxe sexa o valor principal dos políticos á hora de aumentar a súa popularidade, deixando de lado profundidade das súas mensaxes. Aquí é onde entran os spin doctors, coma asesores necesarios para que a popularidade destes líderes se manteña na cresta da onda.

É na confección desta manufactura propagandística da clase política onde mellor se manexan estes estrategas, espertos na linguaxe e nas necesidades dos medios. Uns gurús aos que, ao estilo do que pasaba cos antigos magos, ou co Oráculo de Delfos, os líderes consultan cada paso que teñen que dar, cada consigna que teñen que verbalizar, cada xesto que teñen que reproducir e cada frame que teñen que impór. Eles elaboran a estratexia, cada día máis táctica, para construír a axenda mediática e pública,  “construíndo” ou “manufacturando” deste xeito a mesma realidade. Á vez o seu relato se convirte en mediático e, por tanto, comeza a existir.

Podemos asegurar que, por norma xeral, o seu ecosistema natural é a sombra, pero o seu peso é imprescindible na comunicación política. Esta visibilidade é a que os diferencia, o que traza unha liña divisoria entre os Stephanopoulos (Clinton), Mandelson (Blair) Karl Rove (Bush Jr.) en contraposición aos Arriola (Aznar e Rajoy), Serrano (Zapatero) ou Coulson (Cameron); a diferecia entre os que asumen o seu papel primixenio e sobreviven políticamente ao seu líder e os que, pola contra, morren cos seus líderes (políticamente falando).

A comunicación política é un eido dominado por estes expertos que, por desgraza, non sempre actúan conforme a un ben público, senón aos intereses do éxito temporal, a popularidade descontextualizada e o poder de decisión sobre a opinión pública.