Etiquetas

Nombre: Sergio Casal Figueroa                                   Interactivo 1

Comentario da fotografía

 -Elemento principal: o principal elemento ao que dirixe a mirada a persoa que está a vela fotografía é, tanto o foco de cor e luminosidade ao que se dirixe o auga da mangueira coma, pouco despois, os bombeiros que están a suxeitar a mangueira. Os motivos son varios.

1.-Elementos da fotografía

Composición dos elementos dentros da fotografía: tanto o foco de iluminación que provén do lume coma os bombeiros estan colocados en esquinas opostas, polo que, dacordo coa regra dos tercios, estamos ante unha imaxe visualmente interesante.

O compoñente humano: a aparición do ser humano na fotografía sempre é un punto de interese.

-A acción: a composición dos elementos facilita a perfecta identificación dunha acción que, pola súa natureza e expresividade, aporta unha grande cantidade de información.

2.-Análise dos elementos técnicos

A Cor: nesta fotografía á temperatura da cor é un punto importante, estamos ante unha imaxe cálida, na que predominan os vermellos, e os tonos cálidos. É unha imaxe con bastante saturación, especialmente no punto de luz laranxa que indica que están preto do lume.

A nitidez: Neste caso todos os elementos da foto teñen nitidez, probablemente grazas a un número f alto (diafragma pechado) e un ISO alto para non perder información (iluminación).

Relación entre os obxectos: a proximidade (visual) dos obxectos principais entre sí é posible polo uso dun teleobxectivo, probablemente cunha óptica superior aos 200 mm.

Iluminación: é un punto punto de interese principal, a diferencia de luminosidade entre a zona do incendio e a parte dereita da foto é un compoñente narrativo que tamén facilita a comprensión inmediata da fotografía.