Etiquetas

[…]Algunhas accións son as máis visibles para o cidadán de a pé: tratados e acordos entre Estados, plans de deforestación, ventas de grandes extensións de terra, confinamento de propietarios desposuídos en reservas, aprobación de plantacións masivas de transxénicos, colonización das sementes, disposición de grandes espazos como vertedoiros no terceiro mundo… a hipocrisía do que se autodenomina primeiro mundo respecto da súa conciencia ecolóxica non ten límite: mercan cotas de dereito a contaminar en África e os Estados son cómplices dos crimes medio ambientais e contra a saúde pública de grandes industrias, corporacións farmacéuticas, laboratorios… Tódolos anos son desviados fondos captados para a loita contra a fame, as epidemias ou os efectos do cambio climático cara á inversión en armamento e o financiamento da actividade terrorista que subverte os valores e contribúe a xerar na poboación civil a ceder na arela da liberdade en favor dunha suposta seguridade e conservación do status. A paz social fundaméntase na materialización nidia de conceptos como a fronteira entre ricos e pobres, entre nacionais e inmigrantes, entre empregados e clases pasivas, entre o políticamente correcto e a diverxencia, entre integración e secesión. A plasmación no nivel institucional é o afianzamento dunha fórmula tan anacrónica como é a monarquía, que ven a representar, entrado o século XXI, a elección do xefe do Estado por motivos de sangue e non polos méritos acadados no exercicio profesional. É o cumio da desmemoria: a poboación civil aclamando ao Rei en Cádiz no segundo Centenario da Carta Magna cando foran os Borbóns os que pasaran polas armas aos Liberais afundindo ao pais no medievalismo en pleno século XIX. A Igrexa, a Oligarquía, a Corona; as elites representadas por unha clase política que ven exercendo un ideario en defensa da unidade e invulnerabilidade dos valores patrios, identificados coa “Dereita”.[…]