[…] a vivencia do amor, da morte ou paso do tempo teñen a súa razón de ser nun espazo e nun tempo. Son elaboracións culturais. Por mais que recollan o peso da tradición, transmitida por tódolos medios, son tamén fillas da sociedade viva, en curso e no papel de ocupar o papel de responsabilidade sobre o futuro do modelo. Este asunto da sostenibilidade é un elemento novo na Civilización Humana. Antes da Revolución Industrial a influencia da nosa especie na evolución da saúde do hábitat común era case que nula. As vicisitudes históricas, as guerras, os relevos cíclicos no papel de Imperio non tiñan máis importancia que a de ir regulando o crecemento da poboación e as areas de asentamentos. Pero foi mesmo a ambición de poder a que impulsou o crecemento dunha industria bélica que ao fin ía favorecer o desenvolvemento da enxeñería civil e do avance tecnolóxico aplicado tamén á mellora das condicións de vida dunha poboación cada día máis aburguesada e máis interesada en dilatar os períodos de paz. É precisamente ese anhelo de pazo o que ten impulsado a aplicación de métodos máis crueis e expeditivos nas guerras.
A aspiración ao benestar crecente dunha poboación emerxente e de proporcións formidables é unha cuestión que preocupa en Occidente, na vella Europa, en Canadá, nos Estados Unidos de Norteamérica, e tamén en Australia e Nova Zelanda. A oligarquía desenvolve estratexias para asegurar o acceso limitado ás reservas do Planeta: control da poboación no terceiro mundo e limitación do acceso ao progreso material para grandes areas de poboación. Isto estase a levar a cabo, con diferentes intensidades, nos países con maiores bolsas de pobreza pero tamén no primeiro mundo, cos segmentos dos desfavorecidos, dos desempregados e, a menor escala, tamén coa clase media traballadora.
Ademais, a oligarquía está a por en práctica desde a década dos noventa a terceira vía: eliminación sistemática de segmentos “non rendibles” da poboación: probes, clases pasivas, subsaharianos, habitantes de rexións con interese xeoestratéxico… Os instrumentos son diversos, dependendo do foco para eliminar: recortes en materia asistencial e sanitaria; campañas de vacinación asasina; atentados directos contra a saúde pública; fumigacións masivas de aluminio, ácido domoico, virus; alteración dos campos electromagnéticos; modificación do clima, con secuencias de inundacións e secas. A dominación do home polo home tampouco é un tema novo. O que ten mudado é que á Oligarquía sóbralle un número excesivo de escravos no presente e tamén cara ó futuro. Unha “limpeza” dos excedentes custosos marca este punto de inflexión na Civilización Humana. É un Plan que vai callando nas mentes pragmáticas dos que non queren ceder un ápice no seu status de privilexio fronte as masas informes ancoradas na base da pirámide e condenadas a seguir ao frautista de Hamelin, atrapada polas expectativas de mera supervivencia.
O valor de cada individuo, tomado de un en un, afundiuse. O Poder ten gañado aínda máis forza a partir de xerar a idea nos administrados de que os bens e as prestacións de que gozan son unha concesión unilateral e non un dereito. Camiñamos cara a unha sociedade onde a capacidade de manobra fronte ás posicións dominantes vai ser nula. É o resultado dun proceso da “intelixencia do Estado” apoiado nos mass media, centrado na colonización da mentalidade colectiva que ten levado aos diverxentes e aos excluídos, obxecto de desarraigo e falta de pertenza, a acoller como elementos de condución das súas vidas a resignación e a aceptación do gregarismo de baixa intensidade, que asegura o monolítico e a obediencia cega […]