Imos ver que di o diccionario da RAE sobre a definición de “vicio”

“A homosexualidade é unha enfermidade”

(Del lat. vitĭum).
1. m. Mala calidad, defecto o daño físico en las cosas.
2. m. Falta de rectitud o defecto moral en las acciones.
3. m. Falsedad, yerro o engaño en lo que se escribe o se propone. Vicios de obrepción y subrepción.
4. m. Hábito de obrar mal.
5. m. Defecto o exceso que como propiedad o costumbre tienen algunas personas, o que es común a una colectividad.
6. m. Gusto especial o demasiado apetito de algo, que incita a usarlo frecuentemente y con exceso.
7. m. Desviación, pandeo, alabeo que presenta una superficie apartándose de la forma que debe tener.
8. m. Lozanía y frondosidad excesivas, perjudiciales para el rendimiento de la planta. Los sembrados llevan mucho vicio.
9. m. Licencia o libertad excesiva en la crianza.
10. m. Mala costumbre que adquiere a veces un animal.
11. m. Cariño, condescendencia excesiva, mimo.
12.m. Sal. Estiércol, abono.

  É obvio que o profesor Neira, da Universidade de Santiago, é homófobo, ademais de corrupto, pois para aprobar a súa materia hai que demostrar ter asimilado os seus dogmas en “Didáctica para el crecimiento sociopersonal”, un xeito de facer negocio desde o abuso de posición dominante.

Entre outras expresións que denotan a visión deformada e insultante da homosexualidade di que non lle molestan os gais mentres non lle anden co cú. A verdade é que o “fulano” este non merecería un segundo de atención por parte de ninguén se non fose porque exerce a responsabilidade de formar a futuros mestres. As súas manifestacións son a expresión dun fracaso na súa formación, na súa educación e no proxecto de crecemento persoal que anima a construción dun ensinante. E todo ilo pola preponderancia dos prexuízos que levan a Neira como a unha parte da sociedade a considerar o amor e o sexo só dende unha óptica que ten que ver cos presupostos morais e os intereses sectarios da Igrexa. Pero por riba dos considerandos xenéticos, cromosomáticos e relixiosos está a liberdade de homes e mulleres para desenvolver a súa sexualidade como lles pete. De feito a moralidade ou inmoralidade dos comportamentos sexuais está vencellada ao que a sociedade no seu conxunto considera axustado aos costumes: é unha construción colectiva. O interesante do progreso intelectual e que a liberdade individual non estea cercenada pola colectiva, sobre todo cando os froitos da súa expresión lonxe da facer dano están relacionados cunha visión máis ampla de conceptos como o amor e o sexo.

Pero que escuras razóns levan ao profesor Neira e tamén a moitos clérigos a relacionar homosexualidade e pederastia? De seguro que en moitos casos existe unha colisión de sentimentos que merecería unha análise freudiana. Nas miñas conversas con algunha chusma clerical dogmática e inquisitoria, practicante do odio como o “doutor” Neira, teño comprobado que latexa neles o medo e o odio por saberse tentados polo pecado da atracción homosexual, e atrapados por unha educación inflexible e intransixente desde o berce, foxen cara adiante e tentan silenciar a sincera voz interior do desexo incorporando, forzadamente, ingredientes de maldade e perversión no que en esencia non ten mais que ingredientes de goce consentido entre persoas con uso de razón. A frase: “non teño nada contra os homosexuais mentres non me anden co cú” merece unha visita ao psiquiatra ademais de un cese fulminante como educador de educadores.

Santiago Casal