Regreso ao franquismo?

… e aínda ha chover mais. Mañá, pasado mañá, o vindeiro mes e, xa que logo, o inverno enteiro. As cinzas do Pindo están a afectar ós bancos marisqueiros, pero as eléctricas sacan tallada. A realidade ten moitos perfís.
Nestes días de choiva constante semella que a xente lle da tanta importancia á incomodidade persoal e á falta de luz que mesmo se poderían diluír outros asuntos de maior relevancia. Santiago vai camiño de ser ingobernable, con todo o consistorio imputado. O noventa por cento da xente soporta índices de contaminación moi superiores aos límites que marca a OMS. Os servizos de urxencias están ateigados dunha sociedade que xa ten admitidas como naturais as viriase indefinidas, as alteracións do sistema inmunolóxico e a inmersión na caridade para paliar a miseria. Chove namentres pretenden instalarnos, de novo, nun longo período de sombras, que recorda á sesta interminable do Franquismo: anulación da inmersión nas linguas vernáculas para reducilas a materias específicas, redución do papel do Consello Escolar ao de mero órgano consultivo sen capacidade de decisión, adoutrinamento relixioso en detrimento da educación para ser mellores cidadáns, obstrución do dereito a estudar por razóns de “excelencia non acadada” non sendo que se teña moito diñeiro, redución do profesorado, reimplantación do modelo autoritario nos claustros, condena dos discapacitados…
Os composteláns temos na choiva un elemento que xa forma parte da nosa esencia e contribúe a forxar un carácter melancólico pero tamén esforzado. Por iso non imos permitir que pretendan meternos, contra a nosa vontade, no túnel do tempo coa intención involucionista de fabricar xeracións de borregos de clase beta para alimentar a plétora e os privilexios da oligarquía acomodada que quere concentrar cada día máis riqueza e afondar na brecha formativa. A única posibilidade que teñen Rajoy e Wert de ter cidadáns aos que gobernar e que paguen os seus salarios e dietas e escoitar a tódalas partes: están a dicirlle, de xeito unánime, que o modelo franquista que propoñen é anacrónico, inconveniente, ditatorial, inimigo da diversidade e das identidades diferenciadas, confesional, excluínte, clasista… Canto mais vai tardar, Sr. Wert, en darse de conta de que non é persoa grata nin para os barón do PP en moitas autonomías. Marche xa, faga o favor!.

Dar duro a cuatro pesetas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.