O cambio de huso horario

Naqueles días o franquismo devolvía o país á Idade Media, namentres o entorno alcanzaba a modernidade, a universalización do acceso a novos fitos de cultura libertaria e a superación dos prexuízos por razón de dogmas. No material, España era líder en produción de melóns, de alpargatas, de allos. A industria estaba nunha derrota regresiva a pesar da capacidade creativa e de invención xenial dun puñado de emprendedores empurrados á emigración.
Desde 1939 ate 1958 a foto fixa reflicte una sociedade coas familias pasmadas, aprendidas no valor do inmobilismo e da obediencia cega, co xuízo crítico desactivado e a reserva ideolóxica alimentada por un conglomerado de prexuízos dos cales sobreviven, en 2013, unha boa parte no imaxinario colectivo.
Naqueles días interminables a infancia española escoitaba a Juana Ginzo nas novelas de Guillermo Sautier Casaseca coa nai, dando boa conta dun bocata de touciño, ou dun vaso de leite con cascarilla. O huso horario que Franco aprobara para ser un bloque monolítico intencional co Fascismo aínda non empezara a provocar os estragos nos hábitos laborais e sociais que virían logo coa urbanización crecente arredor dos polígonos industriais e co acceso da muller ao traballo.

A volta ao huso que nos corresponde conforme ao noso meridiano e o primeiro elemento para vivir máis de acordo cos ciclos da luz e poder mellor reorganizar xornadas continuadas que non prolongadas artificiosa e innecesariamente, coas súas pequenas e suficientes pausas, e seguindo esquemas compartidos por todo o tecido social, para que a conciliación deixe de ser unha desiderata para constituír un feito: pais e fillos con horarios de traballo e lectivos semellantes. A máis de mellorar a produtividade, aforraremos custes e exerceremos verdadeiramente a función de pais como educadores cooperativos necesarios e tamén para o noso deleite.

Danza das horas en Monticaño
Danza das horas en Monticaño

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.