Por algo son o reduto do clientelismo. O certo é que os Concellos só contribúen cun catro por cento – do cal a sexta parte se debe ao Concello de Madrid- ao déficit global do Estado, e iso aínda a pesar de que só reciben un 13% de recursos mobilizados polo Estado cando, por contra, recadan un 25 %.
Pero Rajoy e o seu Goberno están dispostos a salvar as covas nepotistas que teñen batido records no emprego corrupto dos caudais que lles quedan despois de pagar un 50% en gastos de persoal, e teñen planificado xa acudir a entes opacos privatizados para prestar servizos externalizados en substitución aos que agora veñen prestando os funcionarios municipais.
É a puntilla definitiva que pensan darlle ás corporacións locais uns deputados que non foron elixidos por sufraxio, senón a dedo polos seus partidos. É o cumio da partitocracia que ten levado a Baltar pai ou a Aguirre a sentirse por riba do ben e do mal. Sacarlles o acceso á caixa canto antes a eses corruptos que teñen construído aeroportos no deserto e empregado a centos de familiares e amigos pasa por obrigar a Rajoy a recoñecer que a Xunta e órgano bastante para re distribuír a riqueza. E todo ilo sen que sexa óbice para que os concellos xunten as súas fortalezas para constituírense en comarcas que poñen en valor o que teñen e poden ofrecer de diferente e excelente.

Danza das horas en Monticaño

Danza das horas en Monticaño