O Ansar do “carallo” non aguanta no banquiño.

Aznar na entrevista de onte en A3

  Mais a súa deslealdade ca equipa titular semella mesmo ser un puntazo para boa parte dunha poboación que non ten en conta as súas mentiras reiteradas, que nos meteu nunha guerra en contra dos mandatos de Nacións Unidas para sentir a vértixe de sentarse a carón do primo de Zumosol, que froito dilo sucedeu a masacre do 15M que ainda terquean por atribuir a Eta maiqueístamente, que recibiu trato de favor de empresas favorecidas por adxudicacións, que o seu xenro, a quen defendía onte prometendo querellas, foi beneficiado por esas empresas no reparto das tartas de actos sangrantes para as arcas da Comunidade valenciana -visita papal, fórmula 1, etc- , que él mesmo, Ansar, amigo de recitar o mantra sobre a herdanza que deixan sempre os sociatas, iniciou a profundización nun esquema neoliberal -liberalización do solo, concentración do aparato “productivo” na construción e nas obras faraónicas, falta de control da actividade bancaria…- en sintonía coa política U.S.A., que ao fin estalaríalle nos nefres aos seus sucesores no cargo, co agravante de que eiquí non vale darlle ao maquinillo para inventar os cartos, como fai a Reserva Federal dos seus amigos que lle tiñan reservados postos en agradecemento á súa lealdade.

    Rajoy, Gallardón, Wert, Báñez… exemplifican o medo á presión que desde dentro exerce a dereita da dereita, Ansar e Aguirre espoleados polos mass media da Conferencia Episcopal e agora xa mesmo contratando aparicións en Antena 3 e donde faga falta. A dereitización leva a este país en pleno século XXI e 37 anos despois de morto o ditador a considerar como método reformista para a mellora da calidade do ensino o adotrinamento, a negación do diferente como expresión do que nos une para impoñer novamente UNHA ESPAÑA GRANDE Y LIBRE, centralizada, e estratificada en castas con pouca permeabilidade se non lle poñemos remedio na que os ricos terán acceso á cualificación alta e a estandares de calidade de vida acordes co desenvolvemento científico da época e o resto aspirarán á supervivencia pura e dura.

  Non da medo o Plan. O que asusta é a capacidade de tragar de tanta xente do común.