Para cando outra xerarquía na Igrexa?

…ou de como explicar o declinar das vocacións e o descenso da militancia de base

O tema que concentra unha atención mediática principal estas semanas ten que ver, neste Estado aconfesional, co relevo na cabeza máis visible da xerarquía, nunha institución humana que promove:

-a negación da discrepancia e da liberdade de expresión

-a desigualdade da muller, aínda conceptuada como xérmolo do mal

-a condena da homosexualidade

-a pecaminización do goce de praceres que a natureza propón e polos que non hai que pagar

-a condena do uso de preservativos mesmo cando se fai para evitar o contaxio da Sida.

-a ocultación intra muros dos pederastas membros da sagrada institución.

-a excomunión dos teólogos da liberación e dos curas que se puxeron do lado dos humildes para loitar contra as ditaduras.

-a persecución e asasinato dos científicos cuxos logros ían supor unha concepción do mundo na que non apareceran como verdades irrefutables as visións teocentristas.

-a tortura e queima de chamáns, curandeiros, bruxas, sabios con outras formulacións respecto da abordaxe de temas de saúde e de convivencia distintas das cristiáns.

-o illamento dos “purpurados” nunha torre de marfil, nun mundo de plétora, onanista, no que as meirandes doses de esforzo van destinadas á loita intestina por trepar na organización.

-O atesouramento de ben materiais e de produtos financieiros, moitos deles opacos e algún deles procedentes de inversións a través de testaferros en negocios que condenan publicamente.

-Unha vida en moitos claustros onde a xerarquía se entrega aos praceres da carne, do bacallau e da luxuria como elementos distractivos, fronte á tediosa lectura das venturas e desventuras de sanedríns, namentres coa outra boca seguen a negarse a debater a conveniencia de manter o celibato para a base da pirámide, enfrontada ao quefacer diario de apostolado e saneada polo vento fresco de extramuros, non sempre nas mellores condicións de apoio material e espiritual por parte dos superiores.

  -A absoluta inconexión entre a mensaxe de Cristo e o fariseísmo da Igrexa dos séculos presentes, convertida nunha secta dogmática dirixida non polos máis brillantes senón polos máis trepas, que pretende manter unido o rebaño a través do medo, cun desprezo absoluto pola distinticidade e un ar de superioridade, engreimento e desprezo moral sobre as outras relixións e especialmente a respecto da musulmana, que, sen embargo, é a primeira en número de prosélitos.

  O maniqueísmo como norma de conduta, ao pretender presentar sistematicamente a necesidade de unir os conceptos de democracia e cristianismo, cando desde a Xerarquía eclesiástica se fai unha chamada tanto explícita como subliminar en favor da “obediencia cega”, se pide o voto para o partido que mellor representa os seus intereses económicos e patrimoniais e dentro do seu seo séguense patróns de conduta excluíntes, contrarios á igualdade de dereitos: entre mulleres e homes, entre ricos e pobres, entre militares e torneiros.

  -O traballo concienzudo porque se manteñan vivas tradicións e costumes que ancoran á sociedade no inmobilismo e na necesidade asociada da presencia da Igrexa para dar consolo onde non é dabondo coa asunción da realidade.

 -A parasitación dos usos paganos, das festas, dos costumes e das tradicións que teñen que ver co noso xeito de dialogar coa natureza, co tempo que fuxe, coa vida e coa morte…

Ao longo da Historia a Igrexa tense aliñado do lado do poder, concentrado nun puñado de mans, e ten colaborado no esmagamento da soberanía popular sinalando aos executables, contrarios aos intereses do seu “apostolado”, ou simplemente nada proclives a recibir adoctrinamento ningún.

  A Igrexa e promotora de cruzadas, de guerras santas contra os infieis. E na intrahistoria que se tece nas aldeas, vilas e cidades, ten establecido desde a confesión unha rede de espionaxe para detectar e obstruír as relacións e a promoción social dos librepensadores.

Por todo isto e por moitas cousas máis que quedan sen dicir, algunhas delas catalogables como “crímenes de lesa humanidade”, sorprende ver como os camarlengos e os purpurados concentran a atención mesmo de medios contestatarios, fora do bloque sectario do pensamento “correcto”. Unha atención por saber do carallo ese da “fumata” que vai anunciar a elección doutro retrógrada, que ven a competir coa expectación que desperta “Gran Hermano” ou o salto dun tal Falete desde un trampolín. Pregúntome se a estupidez do ser humano atopará remedio algún día.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.