Sergio Casal ©

Parafraseando o slogan dunha famosa cadea de alimentación, pero sen ánimo de crítica pois a campaña é moi boa, a frase debuxa una realidade aceda do noso país.
Sairemos, como galegos que somos, de novo cara a mundos que nos falen de futuro. A nazón galega verque a súa sangue nova. Desde que estoupara a burbulla, aló hai catro anos e medio, máis de oitenta mil mozos dan o mellor de si mesmos en sociedades que non investiron na súa formación. É un mecanismo obsceno de ruptura xeracional, de empobrecemento, de fractura, de condena á vertebración sempre pendente. Se Feijoo contara a esta xeración perdida como demandantes de emprego que teñen que buscar a dignidade alén das nosas comarcas xa non habería lugar para sacaren peito cando esgrimen una menor taxa de paro en Galicia.

Sairemos como galegos. Sairemos, si, como galegos que somos.