Etiquetas

,

"La justicia es igual para todos" Mensaxe de Nadal do rei

“La justicia es igual para todos” Mensaxe de Nadal do rei

   Non son eu moito de criticar a un politólogo da talla de Xosé Luís Barreiro Rivas, pero penso que a ocasión o merece. O xiro de 180 graos á dereita (se é que podía xirar máis) do profesor de ciencias políticas e ex-diputado é un feito. Non falo dun feito puntual e consumado nun momento determinado no tempo, refírome a unha serie de opinións, editoriais e demáis bártulos xornalísticos que levan un tempiño atormentando o meu subconsciente.

 Dende a súa Torre Vixía Rivas está a perder o contacto coa realidade cidadá, que é o elemento máis “priorizable” dun político atendendo ao senso etimolóxico da palabra e á representatividade popular que ser político conleva. Na súa última achega, Barreiro Rivas trata, de forma se cabe eufemística e sutil, de facer á cristiandade “dona e señora” da festividade do Nadal, OLLO! Que ser é, dende a súa orixe, unha festa vencellada ao nacemento do neno Xesús hai algo máis de dous milenios, pero que nos últimos anos, perdeu o seu sentido espiritual en favor dunha “banalización” da súa semiótica, dividida en miles de simbolos cos que identificamos o Nadal. Rivas fala da seguinte forma sobre os diferentes credos:

También la hay (xente) que, dejando a un lado las liturgias generadas en el proceso de recepción intelectual y popular de la revelación, prefiere importar animismos y panteísmos de difícil encaje. Todo eso es posible -y libre- sin que los cristianos tengamos nada que reprochar ni nada de qué presumir. Pero la Navidad es nuestra, y no puede ser alterada, y solo significa la alegría que sentimos por la luz que iluminó el mundo con el nacimiento de Jesús.”

  Probablemente teña razón no tocante á historia relixiosa, ninguén lla quita, iso si, a festividade e os sentimentos que poidan agromar (ou ser creados con fins comerciais, tanto ten) en cada persoa nestas datas é algo propio de cada un, e que pertence a cada individuo que forma a sociedade de forma intrínseca. “Si si, escuela pública pero bien que comes turrón en Navidad”, obviamente, pero tamén como turrón en verán e para min o Nadal é algo máis que parafernalias relixiosas, a alegría pouco ten que ver con enxendrar ou con dar a luz ao fillo de Deus (do deus cristiano) e os únicos símbolos que eu relaciono co Nadal son os meus seres queridos. E tal e como funciona comigo, o Nadal funciona hoxe de diferentes formas con millóns de persoas sen unha identificación relixiosa concreta.

  O problema é que en calqueira elemento do noso entorno no que poida haber connotacións relixiosas (aínda que estas estean máis que obsoletas), aparece a división. Ben sabido é que os esbirros do Vaticano sonche ben peseteiros e avarentos, e que se algún día teñen que pagalo IBI (veña Deus e o vexa) venderán ata o portal de Belén con tal de evadilas imposicións,  pero por agora todavía teremos este debate nas sobremesas de Nadal, claro, como diría Don Quijote: “con la Iglesia hemos topao, amigo Sancho”.