Etiquetas

, ,

Gabriel Tizón na presentación dun libro na librería Trama

    Esta sábado presentouse na librería “Cascanueces” da cidade de A Coruña o traballo do fotógrafo Gabril Tizón “Causas Comúns“, un innovador proxecto que xunta as historias de diferentes zonas de Senegal e de España para tratar de informar acerca das desgrazas que, de diferente maneira e en contextos que tamén difiren, afectan a persoas con nomes e apelidos. Neste traballo, Gabriel Tizón achegouse ata Senegal para amosarlle ás xentes que a Terra Prometida (Europa) que se amosa no seu país (en gran parte polos intereses dos líderes das mafias de transporte de inmigrantes) non é tal, tamén ten as súas miserias e dificultades. Na súa presentación en España, Gabriel amosou a outra cara da moeda, Senegal, e en colaboración con Mathu Diagne, un home que chegou a Galicia sen nada e que, sen perder nunca a esperanza nin os seus valores sociais e a través da insistencia no seu traballo, conseguiu atopar o seu sitio nunha sociedade profundamente competitiva e que arrasa coas ilusións de moita xente.

   Nesta pequena curta, que trata de comunicar moito nun formato moi pequeno, amósansenos un torrente de valores que están a ser infravalorados por unha sociedade meritocrática na que parece que unicamente priman dúas cousas profundamente relacionadas: o Diñeiro e o Poder. A cohesión social, a ausencia de prexuízos, a esperanza, o tesón, a empatía…Se non queremos perder a esencia do pouco que lle queda de democrácia á nosa sociedade temos que volver a situar estes valores por enriba das esixencias materialistas do capitalismo.

 

   A historia de Mathu é un exemplo de que todas as persoas, sexan da cor que sexan e proveñan de onde proveñan, son seres humanos, nin mellores nin peores, simplemente seres humanos con dereito a ter unha vida.