O verdadeiro inimigo da democracia

Hoxe centos de milleiros de galegos deciden o seu futuro exercendo o seu cuestionado papel (por pouco representativo) na cuestionada democracia (por pouco representativa). Certo é que o Hórreo gañará hoxe en “pluralidade” grazas ao final do tripartidismo que dende hai 20 anos domina todas as competencias do Parlamento de Galicia, pero agochado baixo este pluralismo atópase o inimigo máis duro e apegañoso da democracia galega: o caciquismo.

A historia dos caciques en Galicia é moi longa, e certo é que tiveron as súas funcións na sociedade, podo incluso recoñecer (aínda que soe horrible) o proveito de que nalgunha remota época en pequenas aldeas o cacique local pedise o goberno a cambio de facer “favores” que repercutisen en beneficio de toda a aldea; pero hoxe esta figura está obsoleta. A única función dos caciques (hoxe máis correctamente denominados “carrexadores”) é a de arramplar votos para a casa, permitíndome o españolismo, a de arrimar a ascua á súa sardiña. Non podemos xustificar un acto tan reprobable coma é meterlle unha papeleta do Partido Popular na man a un ancián con alzheimer que non recorda nin o seu nome baixo o argumento de que “tamén ten dereito”, ou “sempre votou ao PP”. Iso non é solidariedade, non é liberdade individual; iso non é democracia, é puro cinismo; inxustificable. A grandeza da democracia non está en converter unhas eleccións nunha campaña de márketing, nunha “pelexa de galos”, a grandeza da democracia reside no valor que ten a educación da cidadanía e a CULTURIZACIÓN masiva que permita unha elección realmente libre e exenta de brincadeiras e trampulladas pseudopolíticas.

Hoxe é o día dos galegos, o día de verdadeira protesta. Se queremos un cambio, se realmente levamos tanto tempo protestando nas rúas botemos o noso último berro dentro das furnas para que a semente do progreso social e humano agrome de novo dende dentro do sistema corrupto para crear un novo no que o ser humano sexa o realmente importante, no que os galegos teñamos máis valor que un papel e no que os caciques perdan de forma definitiva o seu poder sobre a sociedade rural galega. Hoxe Galicia BVota.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.