Etiquetas

, , , , , , , , ,

Catástrofe, destrución, caos, morte…morbo. A información televisiva está a pasar por un momento moi delicado no espertar das redes 2 e 3.0. Acompañada da crise nos valores sociais, esta perda do “norte informativo” está a causar unha mistura moi perigosa que ten como resultado a mass desinformation (desinformación masiva, sen eufemismos xornalísticos).

Exemplos prácticos: O caso José Bretón, un acontecemento noticiable polo seu carácter non só de proximidade e de actualidade, senón de brutalidade, un feito realmente lamentable e que merece a atención dos medios, ata ahí todos dacordo. Agora ben, a noticia pasa a ser amarelista no momento en que se lle adican magazines matinais, boletíns informativos especiais, debates, etc non ao feito en si do asasinato, senón aos máis macabros detalles (coma o exemplo da temperatura a que arderon os cadáveres, a forma do asasinato, etc.). Este caso é paradigmatico, non cabe dúbida. Existen outros nos que a prensa, coa excusa de que “unha imaxe vale máis de mil palabras” utiliza a violencia visual para provocar un sentir e un posicionamento directo nos seus telespectadores (véxase na nova do ataque á embaixada estadounidense en Libia, a morte de Sadam Hussein ou o vapuleo do cadáver de Gadafi). Neste punto as leis do bó xornalismo distorsiónanse, a información, os porqués, o trasfondo, todo pasa a un segundo plano e parece que a brutalidade xustifica unha opinión sesgada e sectaria que se agocha baixo un traxe de pluralidade democrática.

Pero o problema non só está nos medios, e nos seus consumidores, que absorben coma esponxas sen capacidade de análise. Tamén está en gran parte na educación, nos cimentos da aprendizaxe e da formación das mentes dos futuros, non so xornalistas, senón consumidores e habitantes dunha sociedade que se está a perder no detalle, na anécdota, sen sequera ter interese en analizar as causas dos feitos, do que lles rodea, e na miña opinión a (mala) educación é a principal responsable desta crise, e non creo que as tesoiras sexan a mellor solución.