Etiquetas

, , ,

Esta mesma mañá, na pequena vila pesqueira de Mera, no Concello de Oleiros, inaugurouse un monumento móbil como forma de denuncia política aos actos vandálicos ambientais.

Cada ano (especialmente en verán), algúns pérfidos adican o seu tempo a “mellorar as vistas dos seus pisos” en diferentes puntos da costa oleirense. De que forma? Seccionando pola metade as palmeiras que lles ocupan parte do seu campo visual. O Concello decidiu tomar cartas no asunto dunha forma chamativa e novedosa (ademáis de buscando aos respectivos responsables); mediante a instalación dunha árbore artificial móbil na primeira liña da praia de Mera co seguinte lema: “Aos delincuentes ecolóxicos, in memoriam”. Unha advertencia para eses que antepoñen a liberdade do seu benestar visual á saúde da natureza, ademáis dun recordo para todos aqueles seres excéntricos que, xa sexa por intereses económicos ou por piromanía, deciden plantarlle lume a unha parte deles mesmos, ao impar monte Galego, sinal de identidade do noso pobo dende hai séculos. Pero o máis singular do acto non foi o monumento. No momento no que os operarios remataban de adecentar a árbore sucedeu algo realmente (senón kafkiano) irracional: dúas mulleres gritan “fuera, fuera, fuera!” “Mera no se merece esto” “esto lo tenemos que pagar todos”, e en cuestión de segundos, os xornalistas de Telecinco (Mediaset)La Voz de GaliciaLa Opinión Coruña as rodean e comezan a apuntar nas súas libretas todo o que din. O seu contrariado argumento de “cada uno dice lo que quiere” chamou a atención de todos os medios que se congregaban no lugar, deixando nun segundo plano a intervención que estaba a facer o alcalde.

O máis esperpéntico de todo é que ese mesmo argumento (comodín xa para algúns estratos da sociedade que carecen doutros recursos argumentativos) é criminalizado por esas mesmas mulleres da vila que cando observan unha manifestación do 15M polo televisor pensan: “Pero estes? Se fosen traballar…España desfaise…ai dios mío dios mío…”. Xente que confunde a liberdade de expresión coa obriga de ser coherente, respectuoso e socialmente implicado. Esas mulleres, encarceadas todo o día nas tarefas do fogar, agardando a que seu marido chegue cear, acomodadas no machismo máis arraigado da sociedade española, esas que saen a criticar ao mozo da veciña, ou á familia de “menganito” polas terras que lle quitou a “Fulanito”. Esas mulleres que non gritan “fuera fuera” cando o Estado merca todos os “bonos basura” do sistema financieiro co diñeiro das súas pensións,  ou cando lles suben a luz, ou as tasas dos seus netos, ou simplemente cando os concellos da Coruña ou de Santiago usan operarios municipais para instalar pantallas xigantes para ver a Eurocopa de fútbol. Non, esas mulleres gritan “fuera fuera” porque o concello pon unha pantalla metálica “do Decathlon” para denunciar os crímenes ambientais en toda Galicia: “É que non saben…xa estan maiores…xa sufriron moito…” pero para boicotear un acto coma este si que entenden.

Pero como esta sociedade nútrese destas cousas que teñen que ver cos cartos, como é adicta á critica irracional e á defensa do indefendible, como vota ao PP (así de claro), sentirase identificada coa protesta destas señoras que mañá recibirán a coba mediática dun sistema informativo tan contamienado como as mentes da sociedade. Veremos gazmoñerías deste estilo: “Mera protesta contra o despilfarro”. Miren ao seu redor, creo que o que hai que cambiar non é ese monumento, temos que empezar a colaborar como sociedade polo ben común, non como individuos con dereitos inalienables de todo tipo pero sen obrigas.