Etiquetas

, ,

    A Folga Xeral convocada polos grupos sindicais do país ofreceu diversas caras. Por un lado , o apoio masivo da poboación por primeira vez en tódalas partes de Galicia e por outro, a xa máis que coñecida imaxe da disgregación da esquerda en España. En Santiago de Compostela, berce do movemento estudantil galego, da cultura do noso país e da nosa lingua, a resposta da xente á chamada foi inmediata dende primeiras horas, deixando imaxes coma esta.

Movilización ao paso polas diferentes rúas da cidade compostelá

       O certo é que o espectáculo foi impresionante, por unha vez víase a xente que non tiña implicacións sindicais non só acudindo, senón berrando polos seus dereitos, que lles están a piques de ser expoliados.

   CNT, CIGA, UXT e CCOO marcharon de Praza Roxa coa intención de berrar coa forza necesaria para que escoitasen en Madrid, pero co paso dos minutos a diseminación foise facendo máis clara. UXT marchaba diante, a moitos metros da CIGA, seguindo rutas diferentes e mesmo finalizando en lugares diferentes con discursos diferentes (os primeiros no Obradoiro e os segundos na Quintana). E mentres, a CNT a tirar petardos e a gritar “lume, lume” polas rúas da zona nova de Santiago. Resultado? Un 10 para a xente, que comeza a darse de conta de que esta “democracia” non é máis que a tapadeira dun sistéma tiránico encuberto gobernado polos mercados que presionan para a instauración dun neoliberalismo económico que pon por enriba aos cartos que ás persoas. É para a cúpula sindical do país un cero, porque non son capaces de unirse, nin tendo o mesmo obxectivo, seguen actuando polos intereses de cadanseu organismo con hipocresía.

 

 

 

 

 

 

Outro dos puntos negativos da folga o protagonizaron os medios de comunicación, que dende primerira hora afanábanse, coma fustigados por un látigo provinte de Moncloa, en introducir nos cerebros das persoas as palabras “Total Normalidad”. Total normalidade en cumprimento de servizos mínimos, na saída de centos de miles de personas descontentas co goberno á rúa, normalidade en que un empresario de Torrelavega acoitelase á integrante dun piquete, normalidade no consumo eléctrico que apenas baixou (pero o que no din que en Madrid acendeuse o alumeado público en pleno día) etc. E, coma non, a dureza dos…como lles dicían? “Perroflautas”, “Antisistemas”, “radicais” contra os pobres policías. Esa imaxe era a que onte nos vendían os medios que consideramos abandeirados da nosa liberdade. Pois teñen que empezar a caer na conta de que, grazas á súa actuación manipuladora e corrupta en conxunto coa do goberno e a das grandes corporacións económicas, cada día, moitas persoas convírtense en antisistema no sentido máis literal da palabra, que xa non se ten que asociar a actos violentos, senón a descontento social.

 

                                                   XENTE 10 // SINDICATOS 0 (Seguemento MASIVO en Santiago de Compostela)